ACADEMIA

Un programa de clases gratuítas de iniciación ao canto, guitarra, baixo e batería. Durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2024, así como febreiro, marzo e abril de 2025, ofrecemos a oportunidade de mergullarse no  mundo da música a través de clases especialmente deseñadas para distintos grupos de idade. As sesións teñen lugar os martes e os mércores, con clases de unha hora entre as 16:30 e as 21:00.  Vigosónico Academia non só é un espazo para aprender, senón tamén para compartir e cultivar a paixón pola música nun ambiente acolledor e inspirado. 

 

Os e as alumnas agrúpanse en catro grupos:

1. Grupo (de 10 a 13 anos)

2. Grupo (de 14 a 17 anos)

3. Grupo (de 18 a 25 anos)

4. Grupo (de 26 ata os 35 anos e máis)

 

  • Canto (martes 17 a 21 h)
  • Baixo (martes 17 a 21 h)
  • Guitarra (mércores 17 a 21 h)
  • Batería (mércores 17 a 21 h)

As aulas se formarán cos alumnos/as en clases de 50 min. entre as 17.00 e as 21.00 horas

Manuel Bragado

Manuel Bragado

Profesor batería

Nado en 1985 (Vigo) Manuel é un músico autodidacta multiinstrumentista con predilección por instrumentos de corda e de percusión, aínda que a batería gañou a batalla sendo a súa arma de guerra durante os últimos 21 anos. Fincado unha época da súa vida e usando como punto de partida (Dresde, Alemaña) xiras co artista de Rock/funky/Soul “Lord Bishop Rocks” por Europa, UK, USA, América do Sur e en solitario no tolo mundo Bollywood na India recentemente.  Pero máis importante para el son os seus inicios na cidade Olívica, tocando primeiro ao baixo e despois á batería na banda de temas propios Bleed, de disco/maqueta producida por Javier Abreu e nomeada a mellor directo galego por Maketón 40P. Ou formar parte de bandas como Stoned at Pompeii (Vigo) La Banda de Nash, Pablo Nash Band, podendo compartir grazas a eles, escenario con artistas da talla de Manolo Tena e outros. A destacar as bandas de versións que máis volume déronlle como Los Cacikes e Wondercovers, pero sen esquecer outras bandas pero outra vez de  temas propios como Fei Rock, Mon Cancela ou Dark Eternity nos inicios sendo esta última unha banda de Death Metal. Na actualidade ocúpao a banda tributo a Phil Collins (The Air Tonight Band) onde compartirá o escenario con míticos como Carlos Arévalo ou o camaleónico Alberto Cuña entre outros musicazos.

Martiño Toro

Martiño Toro

Profesor BAIXO E GUITARRA

Músico orixinario de Vigo, formouse en guitarra e harmonía moderna na prestixiosa academia Ateneo Jazz de Madrid. Ao longo da súa carreira, colaborou cunha destacada lista de artistas, entre os que se inclúen nomes como Juan Rivas, Pablo Novoa, Vicente aka Codi, Wöyza, Josete Villanueva, Nicolás Pastoriza, Amaro Ferreiro e Iván Ferreiro, con quen compartiu escenario durante máis de doce anos, enriquecendo a súa traxectoria musical cunha colaboración constante.

Destacouse non só como músico de directo, senón tamén como músico de sesión. Contribuíu co seu talento a numerosas gravacións de destacados artistas e bandas, achegando a súa experiencia e versatilidade a unha ampla gama de proxectos musicais. Martiño tamén compartiu o seu coñecemento musical a través do ensino, impartindo clases en diversas academias de renome como Elite, Galicia Música e Tempo Musical. A súa experiencia e versatilidade no ámbito da música convérteno nun talento destacado na escena musical, tanto como intérprete como educador.

TOÑO LÓPEZ

TOÑO LÓPEZ

Profesor DE CANTO

Nado en Vigo en maio de 1982, o nome de Toño López está inevitablemente vinculadoá banda galega de Rock & Soul chamada The Soul Jacket, da cal é vocalista e un dos compositores desde o ano 2004. Con eles, gravou seis discos e dous EPs, percorrendo escenarios de salas e festivais en gran parte do país, converténdose nunha banda de referencia no panorama nacional. Dotado dunha voz potente e chea de matices, pódese dicir que a súa formación nútrese do Blues, o Soul e a música con alma. Ao longo da súa carreira, forxou a súa voz e personalidade no escenario, gañándose un lugar destacado entre as voces máis admiradas e recoñecidas de España.

Nos seus 20 anos de carreira, foi membro de bandas como Breogain Soul Band ou The Blackingstones, e segue en activo con Los Naipes, Top Secret, e con maior actividade en Blackstereo, onde se atopan preparando o lanzamento do seu primeiro traballo con temas orixinais. Sobre el, díxose: “Toño é un fillo bastardo de Joe Cocker, un sobriño afastado de Van Morrison, un individuo cunha voz rota capaz de incendiar unha sala de concertos cunha música que navega entre o rock do sur do Misisipi, o blues rural e o Soul de Alabama”.

Suscribe

Concello de Vigo

"

Consellería de Xuventude I Vigosónico.
Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares), CP 36315, Vigo.                                                                                                                                       

Teléfono: 986616388 · Horario: de Martes a Domingo, de 16.00 a 21.30 horas.                                                                                                          Web:http//:www.vigosonico.com · https://www.xuventudevigo.org/ · Email: vigosonico@gmail.com