Laboratorio musical para a mocidade
Do 30 de xuño ao 11 de xullo (dúas semanas de diversión e apredizaxe, a creatividade e a industria da música)
2025 Concello de Vigo | área da Concellería de Xuventude
PRAZO DE Inscricións ata o 30 de maio

PRAZO DE Inscricións ata o 30 de maio
Que é o Laboratorio Musical?
O Laboratorio Musical para a Mocidade é unha proposta educativa e cultural pensada para que a mocidade viva unha experiencia transformadora arredor da música. Durante dúas semanas, combinarán o traballo creativo co coñecemento real do funcionamento do sector musical: desde aprender a tocar e compoñer, ata producir cancións, planificar un concerto e comprender os dereitos de autoría.
É unha formación intensiva, divertida e útil para quen queira:
- Desenvolver o seu talento
- Coñecer persoas coas mesmas inquedanzas
- Contactar con profesionais do sector
- Descubrir posibles saídas profesionais no mundo da música
A quen vai dirixido?
Esta actividade está pensada para mozos e mozas de entre 15 e 20 anos,(cumpridos no ano 2005 ata o 2010) con ou sen formación musical previa, que:
Toquen algún instrumento ou canten e busquen mellorar
Teñan interese pola creación, produción ou gravación musical
Teñan curiosidade polo mundo profesional da música (eventos, redes, dereitos, DJing, etc.)
Busquen unha experiencia de grupo, creativa e diferente
Todos os estilos musicais son benvidos: pop, rock, urbana, folk, electrónica, clásica, experimental…
Que van facer durante o laboratorio?
O Laboratorio está deseñado cun horario intensivo de luns a venres, de 9:30 a 14:00, cun enfoque 100% práctico e vivencial. Cada día estrutúrase en dous bloques:
🕘 9:30 – 11:30 |
Formación instrumental e traballo por bandas
Clases de guitarra, baixo, batería ou voz
Traballo en grupo (combos musicais)
Ensaios de repertorio propio
Activacións creativas con apoio pedagóxico
🕛 12:00 – 14:00 | Obradoiros especializados.
Cada día explorarase unha dimensión distinta do mundo musical, da man de profesionais en activo.
Equipo docente
O equipo do laboratorio está formado por artistas, produtores e docentes con experiencia real na industria
Martiño Martínez – guitarrista e profesor de guitarra e baixo
Antonio López (Toño López) – cantante e profesor de canto, Soul Jacket, Blackstereo etc.. María Soa – músico e creadora e compositora en Fillas de Cassandra
Salvador García – Director de producción das emisoras de Radio Vigo e director do Maketón Álex García – profesor de batería de Vigosónico
Nicolás Pastoriza – compositor e músico, especialista en creación de cancións
Miguel Areán – produtor musical e formador en tecnoloxías aplicadas á música
Pablo López – técnico de son e produtor, experto en formación xuvenil
Llxnto DJ (Lucila) – DJ profesional e docente de cultura electrónica
Patricia Hermida – mánager musical e consultora artística
Juan Rivas – autor, produtor e experto en dereitos de autor
Carolina Rivas, Marta e Anabel – acompañamento educativo e dinamización creativa

Martiño Martínez
Biografía
Músico orixinario de Vigo, formouse en guitarra e harmonía moderna na prestixiosa academia Ateneo Jazz de Madrid. Ao longo da súa carreira, colaborou cunha destacada lista de artistas, entre os que se inclúen nomes como Juan Rivas, Pablo Novoa, Vicente aka Codi, Wöyza, Josete Villanueva, Nicolás Pastoriza, Amaro Ferreiro e Iván Ferreiro, con quen compartiu escenario durante máis de doce anos, enriquecendo a súa traxectoria musical cunha colaboración constante.
Destacouse non só como músico de directo, senón tamén como músico de sesión. Contribuíu co seu talento a numerosas gravacións de destacados artistas e bandas, achegando a súa experiencia e versatilidade a unha ampla gama de proxectos musicais. Martiño tamén compartiu o seu coñecemento musical a través do ensino, impartindo clases en diversas academias de renome como Elite, Galicia Música e Tempo Musical. A súa experiencia e versatilidade no ámbito da música convérteno nun talento destacado na escena musical, tanto como intérprete como educador.

Toño López
Biografía
Nado en Vigo en maio de 1982, o nome de Toño López está inevitablemente vinculadoá banda galega de Rock & Soul chamada The Soul Jacket, da cal é vocalista e un dos compositores desde o ano 2004. Con eles, gravou seis discos e dous EPs, percorrendo escenarios de salas e festivais en gran parte do país, converténdose nunha banda de referencia no panorama nacional. Dotado dunha voz potente e chea de matices, pódese dicir que a súa formación nútrese do Blues, o Soul e a música con alma. Ao longo da súa carreira, forxou a súa voz e personalidade no escenario, gañándose un lugar destacado entre as voces máis admiradas e recoñecidas de España.
Nos seus 20 anos de carreira, foi membro de bandas como Breogain Soul Band ou The Blackingstones, e segue en activo con Los Naipes, Top Secret, e con maior actividade en Blackstereo, onde se atopan preparando o lanzamento do seu primeiro traballo con temas orixinais. Sobre el, díxose: “Toño é un fillo bastardo de Joe Cocker, un sobriño afastado de Van Morrison, un individuo cunha voz rota capaz de incendiar unha sala de concertos cunha música que navega entre o rock do sur do Misisipi, o blues rural e o Soul de Alabama”.

DJ Llxnto
Biografía
LLXNTO é DJ, produtora e compositora arxentina afincada en Galicia dende fai case unha década. Neste tempo desenvolveu multiplicidade de proxectos artísticos, entre os que podemos atopar o seu proxecto unipersoal BABYKATZE onde se ocupa da produción, composición, realización dos seus propios videoclips e outros formatos, como Live Sessions, incluíndo a súa recente incursión no 3D. Tamén a podemos atopar baixo o pseudónimo de LLXNTO como DJ residente de 3 dos clubs nocturnos máis importantes de Vigo, Mondo Club, Sala Doppler e Radar Estudios. En ambos proxectos tamén participou da creación da música e ambiente sonoro de obras de danza como «Emigrantas» de Kirenia Acosta, «EM·NA» e «TABÚ» do Colectivo Glovo, ou «Intempestiva» e «NÓ» de Elahood.

Patricia Hermida
Biografía
Patricia Hermida traballa desde 1995 na industria da música exercendo diferentes roles dentro da cadea de valor, pero xa na última década oriéntase principalmente ao seu papel de manager e produtora. Licenciada en Dereito Económico-empresarial pola Universidade de Vigo, master en Propiedade Intelectual pola Universidade Rey Juan Carlos e e técnica Superior en Producción Audiovisual e de espectáculos, traballou no desenvolvemento de carreiras de artistas do recoñecemento de Susana Seivane ou Heredeiros da Crus, entre outros e participa activamente no asesoramento a bandas e artistas, fundamentalmente a través da Fundación Paideia.

María Soa
Biografía
María Pérez, María SOA. Música, compositora e docente.
Creadora e compoñente do dúo Fillas de Cassandra, xira actualmente co seu espectáculo “Últimas Dionisíacas”, baseado na ópera prima “Acrópole” e que xa ten o percorrido de ter estado en escenarios como Ortigueira, o ZeidFest en Bilbo ou no Festival Noroeste na Praia de Riazor. Mentres, presentan o EP “Hibernarse” e traballan na produción do segundo LP paralelamente á realización de proxectos como a Canción Orixinal na película “Soy Nevenka” de Iciar Bollaín ou diferentes colaboracións con artistas do sector.
Remata a súa carreira como intérprete de piano en Estremadura (2019) e realiza o Mestrado de Interpretación Solista no Conservatorio Katarina Gurksa en Madrid (2020), centrándose no seu concerto de fin de Máster na mestura entre o piano clásico e as técnicas extendidas.
No 2020 toma a dirección da Escola de Música Compás na cidade de Vigo, ao cargo da cal pasará tres anos mentres realiza o Mestrado do Profesorado na UDC que remata cunha proposta didáctica na que se plasma a idea da composición e da experimentación na docencia a través dos ritmos urbanos e a raíz que levará a cabo en diferentes obradoiros no 2025.
Destacouse non só como músico de directo, senón tamén como músico de sesión. Contribuíu co seu talento a numerosas gravacións de destacados artistas e bandas, achegando a súa experiencia e versatilidade a unha ampla gama de proxectos musicais. Martiño tamén compartiu o seu coñecemento musical a través do ensino, impartindo clases en diversas academias de renome como Elite, Galicia Música e Tempo Musical. A súa experiencia e versatilidade no ámbito da música convérteno nun talento destacado na escena musical, tanto como intérprete como educador.

Alex García
Biografía
Álex García, profesor de batería en Vigosónico. Nado en Vigo, comezou a tocar a batería no ano 2009 da man de Hal 9000, batería de «Los Piratas». Álex colaborou con bandas como Virandeira Folk, Xhamain, Antifragil, Villanueva e realizou xiras nacionais, destacando a de 2017 patrocinada por Ron Brugal
. Actualmente, está cursando o Grao Superior de Música Moderna e Jazz, e a súa experiencia promete ser unha gran inspiración para os nosos estudantes.

Nicolás Pastoriza
Biografía
Nicolás Pastoriza é un guitarrista e compositor vigués activo dende finais dos 80 e 90 (Bromea o Qué, La Marabunta). Nos últimos anos, estivo traballando en solitario, manufacturando dalgún xeito artesanal uns cantos discos autoproducidos ou man a man con outros amigos talentosos como Sergio Martínez Puga, Paulo Pascual, Marcos Rivera, Iago Reigosa, Amaro e Iván Ferreiro. Actualmente, está a preparar dous novos proxectos para o ano que vén: un en formato banda chamada EL BUZO xunto aos ex Cró! Rubén Abad e Xavier Bértolo, Manu Ares e Mig Seoane, e posteriormente publicará outro disco en solitario, que será o seu sétimo álbum co seu nome, construíndo historias entre o municipal e o paranormal, aderezadas cun pop fiel á tradición psicodélica británica de todas as décadas, cargadas de Mellotróns, ecos de cinta magnetofónica, guitarras ao revés doces como motosierras, sintetizadores arcaicos e pianos de xoguete que conviven con samplers, loops e estraños plugins aberrantes, creando unha ensalada sónica onde flotan os seus particulares relatos de escapismo, cotiandade, maxia e costumismo, entre o paranormal e o municipal. Todo isto para o ano 2025.
Autoprodución artesanal con constantes guiños a esa psicodelia de té con pastas, ao pop máis ruidoso da era Creation, aos relatos veciñais de Ray Davies e aos derrapes cerebrais de Syd Barrett se tocara con Vainica Doble, ás retortas guitarras de G. Coxon ou My Bloody Valentine, con historias xurdidas dun hipotético cóctel entre P. K. Dick e Rafael Azcona, así como picoteando de todo o narcotipop en xeral, tan necesario e balsámico… e que tanta compañía lle fixo durante toda a pandemia, momento no que Nico decide crear o seu laboratorio definitivo nun pequeno estudio, por non dicir diminuto, que levanta no seu propio piso no corazón de Vigo, dende onde contempla o día a día da cidade pola súa ventá e lle pon o seu ruído con todos os seus tolos trebellos acesos, a modo de disonante e inharmónica banda sonora veciñal.

Miguel Areán
Biografía
Fundador de Polygon-e e PolygoneStudios, leva máis de 15 anos dando forma á creatividade por todo o mundo.
Aínda que Miguel estudou Química, leva máis de 20 anos dedicado á tecnoloxía e á transformación da creatividade en proxectos, tanto propios como para terceiros. Foi responsable de iniciativas como Faneka Gaming, CricktoGame e, no ámbito da formación, desenvolveu proxectos como ActivationCode.
Como formador, impartiu cursos de formación profesional dentro dos programas FIP/AFD ou FPO, así como outras accións formativas na rama de Informática para numerosas institucións, centros de formación e empresas. Ademais, realiza habitualmente charlas e conferencias de divulgación sobre temas relacionados coas TIC.
Actualmente, utiliza diferentes programas nos que aplica a Intelixencia Artificial á composición e produción musical, así como ao desenvolvemento no sector dos videoxogos, integrando as novas tecnoloxías como ferramentas creativas.

Pablo López
Biografía
Pablo López Figueroa é produtor musical, guitarrista de sesión e profesor. Graduado en Música Comercial Moderna pola BIMM University de Dublín, comezou a súa traxectoria profesional como guitarrista de sesión para numerosas bandas, tanto en directo como en estudo, onde tamén desenvolveu a súa faceta como produtor. Foi seleccionado en dúas ocasións polo comité de supervisores musicais do Festival de Cannes polos seus traballos para «Paula Pequena».

Salvador García "Salva Ronko"
Biografía
SALVA RONKO é o “álter ego” de Salvador García, un deseñador industrial que, dende finais dos anos 80, está vinculado á escena musical de Vigo e a súa bisbarra.
Nos primeiros anos 90, exerceu como manager do grupo Los Ronkos e, posteriormente, como crítico musical na prensa galega, colaborando en medios como “16 Pistas” (en Diario 16 de Galicia) e “32 Pistas” (o primeiro periódico musical gratuíto en Galicia).
En 2000, iniciou o proxecto MAKETÓN, realizando máis de:
• 850 programas de radio en Los40 Vigo,
• 200 programas de televisión en Localia Vigo TV / TeleVigo,
• e organizando máis de 150 concertos de grupos e artistas locais en salas de Vigo e a súa bisbarra,
• ademais de celebrar 24 edicións dos Premios da Música Maketón.
No ano 2002, incorporouse ao Grupo Radio Vigo como coordinador das emisoras musicais (Los40 Vigo, M80 Vigo, Cadena DIAL Vigo e Máxima FM Vigo). Actualmente, é director de produción e emisións de todas as emisoras integradas no Grupo (Radio Vigo SER, SER Baixo Miño, Los40 Vigo, Los40 Classic Vigo e Cadena DIAL Rías Baixas).
Na súa traxectoria como produtor de eventos, destaca a dirección artística da “Gira 100 años Estrella Galicia” no ano 2006, que reuniu a máis de 100.000 asistentes nos concertos celebrados durante as festas de verán de cidades como:
• A Coruña (Praia de Riazor),
• Ourense (Xardíns do Posío),
• Vigo (Auditorio de Castrelos),
• e Lugo (Praza da Horta do Seminario).
Neste proxecto participaron algúns dos principais artistas e grupos galegos dos últimos 25 anos, como: Siniestro Total, Iván Ferreiro, Cómplices, The Killer Barbies, Xoel López, Los Limones, Kannon, entre outros.

Juan Rivas
Biografía
Juan Rivas
Juan Rivas es músico, compositor y productor gallego con una sólida trayectoria en el ámbito de la creación musical y la gestión de derechos de autor. A lo largo de su carrera, ha combinado su faceta artística —con discos y proyectos propios editados bajo sellos como Mercury (PolyGram) y EMI así como WEA Chappel— con un profundo conocimiento del ecosistema cultural y creativo.
Fue presidente del Consejo Territorial de SGAE en Galicia y patrono de la Fundación SGAE a nivel nacional, participando activamente en la defensa de los derechos de los creadores y en la modernización de las entidades de gestión colectiva.
Actualmente, coordina el espacio público del Concello de Vigo (Vigosónico) además asesora proyectos de innovación en industrias culturales y creativas, y forma parte de iniciativas de formación dirigidas a las nuevas generaciones de artistas. Su visión combina la experiencia artística, el conocimiento técnico y la voluntad de preparar a las y los jóvenes para afrontar los retos de la música en la era digital.
Obradoiros específicos
- Obradoiro de composición e creación de cancións
- IA aplicada á composición e produción musical
- Comunicación, biografía e podcast para artistas. crea o teu EPK
- A música como industria e o rol do mánager
- Prepara o teu directo: rider técnico e backline
- Optimización de ensaios para bandas
- Curso de iniciación ao DJing
- Música e videoxogos: composición para mundos interactivos
- Academia musical: clases de instrumento e composición colectiva
- Produción musical e son
📍 Onde e cando?
Datas: dúas semanas consecutivas (luns a venres)
Horario: 09:00 – 14:00
Servizo de madrugadores: desde as 08:30
Servizo de friameira: de 14:00 a 15:00
Lugar: Estrada do Portal s/n, Valadares (Parque Tecnolóxico de Valadares) – Vigosónico
📍 Oue levan os e as participantes
Visión 360º do mundo musical
Habilidades prácticas: tocar, gravar, producir, comunicar
O seu primeiro rider técnico, podcast ou demo
Experiencia de traballo en equipo con outros mozos e mozas
Actuación final para mostrar o seu talento
Motivación, autoconfianza e novas vocacións.