Masterclass: A Linguaxe do blues

Por Claudio Gabis

Prepárate para unha clase maxistral única co lendario Claudio Gabis! Un dos mellores guitarristas de rock e blues de fala hispana chega a Vigosónico para impartir unha masterclass sobre “A Linguaxe do Blues”, dedicada á historia e ás técnicas do blues nas súas distintas etapas, formas e estilos.
O contido desta clase está extraído do capítulo homónimo do seu libro “Armonía Funcional”.
CLAUDIO GABIS

CLAUDIO GABIS

Músico e compositor

2024 / septiembre – 

Músico / Argentina
  • 10.10.2024
  • VIGOSÓNICO 
  • Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)
A Linguaxe do Blues
O blues é a forma musical de orixe afro-norteamericana que tivo maior influencia no nacemento e evolución do jazz, o rock e o pop que coñecemos hoxe en día. Nacido como unha música eminentemente folclórica, limitada aos ghettos e comunidades negras dos EEUU, o blues converteuse ao longo do século XX nunha forma musical cultivada a nivel mundial. Hoxe en día, o blues serve para expresar sentimentos e emocións, superando as barreiras do idioma e chegando a persoas de culturas moi variadas.

Contidos da masterclass:

1. Orixes Afro: Características da música africana. Polirritmia, polifonía, antifonía, etc.

2. A Música Afro en América: Hollers, Gospel, Work Songs e os primeiros pasos do blues modal.

3. O Nacemento do Blues: A influencia do éxodo afroamericano e a integración do sistema tonal europeo no blues.

4. Blues Maiores: Estruturas e recursos característicos de doce compases.

5. Blues Menores: Modos diatónicos e escalas menores no blues.

6. Outros Blues: Estruturas de oito e dezaseis compases, as baladas-blues, e blues que non o parecen.

7. Blues Jazzístico: Inclusión de recursos harmónicos do jazz, escalas e arpexios.