Curso Iniciación a Deejay:

Por Llxanto Dj

Este curso está deseñado para quen queira iniciarse no mundo do DJing. Ao longo de catro días, exploraremos desde a historia e os fundamentos do DJing ata as técnicas máis avanzadas de mestura e performance. Comezaremos cunha introdución ao equipo básico e á configuración esencial, para despois avanzar cara aos fundamentos da mestura e o beatmatching. Aprenderemos a utilizar efectos e loops para enriquecer as nosas mesturas e finalmente, enfocaremonos na preparación e presentación dun set completo, ofrecendo feedback e consellos para seguir mellorando. Únete a nós e desenvolve as túas habilidades como DJ nun entorno práctico e interactivo

Xoves, novembro 07, 2024

18.30 ata as 19:30

Xoves, novembro 14, 2024

18.30 ata as 19:30

Xoves, novembro 21, 2024

18.30 ata as 19:30

Xoves, novembro 28, 2024

18.30 ata as 19:30

LUCILA (Dj LLxanto)

LUCILA (Dj LLxanto)

Director Vigosónico / Gestor Cultural

  • 7, 14, 21, 28. – 11.2024
  • VIGOSÓNICO I CONCELLO DE VIGO 
  • Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)

LLXNTO é DJ, produtora e compositora arxentina afincada en Galicia dende fai case unha década. Neste tempo desenvolveu multiplicidade de proxectos artísticos, entre os que podemos atopar o seu proxecto unipersoal BABYKATZE onde se ocupa da produción, composición, realización dos seus propios videoclips e outros formatos, como Live Sessions, incluíndo a súa recente incursión no 3D. Tamén a podemos atopar baixo o pseudónimo de LLXNTO como DJ residente de 3 dos clubs nocturnos máis importantes de Vigo, Mondo Club, Sala Doppler e Radar Estudios. En ambos proxectos tamén participou da creación da música e ambiente sonoro de obras de danza como «Emigrantas» de Kirenia Acosta, «EM·NA» e «TABÚ» do Colectivo Glovo, ou «Intempestiva» e «NÓ» de Elahood.​​

 

Obxectivos do Obradoiro:

Programa de Formación en DJing: Conceptos Básicos e Iniciación

    • Duración: 4 xornadas

      Este programa de catro xornadas está deseñado para introducir aos participantes no mundo do DJing, ofrecendo unha combinación de teoría e práctica para asegurar unha aprendizaxe integral. Cada sesión está pensada para ser interactiva, permitindo que os participantes poñan en práctica o que van aprendendo ao longo do curso.


      Día 1: Introdución ao DJing e Equipamento Básico

      • Teoría Básica do DJing:

        • Historia do DJing: Un percorrido pola evolución do DJing e o seu papel na música contemporánea.
        • Rol do DJ: Comprender o papel do DJ na cultura musical actual.
      • Familiarización co Equipamento:

        • Tipos de Equipos: Introdución aos diferentes tipos de equipos (platos, mesturadores, controladores, software).
        • Configuración Básica: Cómo configurar un equipo de DJ, incluíndo as conexións de audio.
      • Manejo Básico de Equipos:

        • Práctica Inicial: Familiarizarse cos controis básicos (play, cue, pitch, etc.) a través de exercicios prácticos.

      Día 2: Fundamentos de Mestura e Beatmatching

      • Teoría da Mestura:

        • BPM e Estrutura Musical: Entender o concepto de BPM (Beats Por Minuto) e a estrutura básica da música.
        • Conteo de Compases: Aprender a contar compases para facilitar as transicións.
      • Beatmatching:

        • Sincronización de Pistas: Aprender a sincronizar dúas pistas en tempo mediante a práctica.
        • Uso de Auriculares: Técnicas para escoitar e coordinar pistas en auriculares, esencial para a mestura en directo.
      • Práctica de Mestura Básica:

        • Mezclar Dúas Pistas: Traballar en transicións suaves entre dúas pistas, aplicando o beatmatching.

      Día 3: Uso de Efectos e Loops

      • Introdución aos Efectos:

        • Efectos Comúns: Explicación dos efectos máis utilizados (reverb, delay, etc.) e cómo utilizalos nas mesturas.
      • Uso de Loops:

        • Creación e Manipulación: Aprender a crear e manipular loops para engadir dinamismo ás mesturas.
      • Práctica con Efectos e Loops:

        • Integración en Mesturas: Practicar a integración de efectos e loops nas mesturas para mellorar a calidade do set.
      • Desenvolvemento dun Set Musical:

        • Selección Musical: Conceptos clave para seleccionar música e crear un set coherente e fluído.

      Día 4: Performance e Presentación Final

      • Preparación do Set:

        • Organización e Preparación: Cómo preparar e organizar un set de DJ para unha actuación.
      • Técnicas de Performance:

        • Conectar co Público: Consellos sobre cómo actuar no escenario e conectar coa audiencia durante a actuación.
      • Sesión Práctica:

        • Presentación Final: Cada participante realizará un breve set, aplicando todo o aprendido nas xornadas anteriores.
      • Feedback e Consellos:

        • Retroalimentación: Comentarios construtivos sobre as actuacións e suxestións para continuar mellorando no futuro.

      Material Complementario e Apoio Continuo

      • Recursos Online:

        • Listado de Tutoriais: Suxestións de blogs, vídeos e tutoriais para o aprendizaxe autónomo.
      • Grupo de Soporte:

        • Foro de Dúbidas: Creación dun grupo de chat ou foro para resolver dúbidas e brindar apoio despois do curso.