Curso Iniciación a Ableton Live:

Por Lucila Llxanto

Curso de Iniciación a Ableton Live con el DJ LLXNTO! Si siempre has querido aprender a producir tu propia música, este curso es perfecto para ti. LLXNTO te guiará paso a paso por las bases de Ableton Live, enseñándote desde la creación de beats hasta la mezcla y edición de pistas. No necesitas experiencia previa, ¡solo tus ganas de aprender y crear!

 

Xoves, novembro 07, 2024

20.00 ata as 21:00

Xoves, novembro 14, 2024

20.00 ata as 21:00

Xoves, novembro 21, 2024

20.00 ata as 21:00

Xoves, novembro 28, 2024

20.00 ata as 21:00

LUCILA (Dj LLxanto)

LUCILA (Dj LLxanto)

Director Vigosónico / Gestor Cultural

  • 7, 14, 21, 28. – 11.2024
  • VIGOSÓNICO I CONCELLO DE VIGO 
  • Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)

LLXNTO é DJ, produtora e compositora arxentina afincada en Galicia dende fai case unha década. Neste tempo desenvolveu multiplicidade de proxectos artísticos, entre os que podemos atopar o seu proxecto unipersoal BABYKATZE onde se ocupa da produción, composición, realización dos seus propios videoclips e outros formatos, como Live Sessions, incluíndo a súa recente incursión no 3D. Tamén a podemos atopar baixo o pseudónimo de LLXNTO como DJ residente de 3 dos clubs nocturnos máis importantes de Vigo, Mondo Club, Sala Doppler e Radar Estudios. En ambos proxectos tamén participou da creación da música e ambiente sonoro de obras de danza como «Emigrantas» de Kirenia Acosta, «EM·NA» e «TABÚ» do Colectivo Glovo, ou «Intempestiva» e «NÓ» de Elahood.​​

 

Programa de Formación en Ableton Live: Conceptos Básicos e Iniciación 

Duración: 4 xornadas

Este programa de catro xornadas está deseñado para introducir aos participantes no uso de Ableton Live, proporcionando unha combinación de teoría e práctica que permitirá aos asistentes dominar as funcionalidades básicas do software e aplicalas na súa produción musical.

Día 1: Introdución a Ableton Live e Configuración Básica

Visión Xeral de Ableton Live:

  1. Historia e características distintivas do software.
  2. Entender o rol de Ableton Live na produción musical moderna.

Interfaz de Usuario:

  1. Navegación polas diferentes vistas: Arrangement View e Session View.
  2. Familiarización coa interfaz de usuario para un uso eficiente.

Configuración de Audio e MIDI:

  1. Configuración de dispositivos de audio e controladores MIDI.
  2. Resolución de problemas comúns na configuración de hardware.

Exploración de Clips e Tracks:

  1. Uso básico de clips de audio e MIDI.
  2. Creación de tracks e organización do proxecto dentro de Ableton Live.

Día 2: Creación de Beats e Uso de Instrumentos MIDI

Beatmaking:

  1. Creación de patróns de batería utilizando Drum Rack.
  2. Técnicas para crear ritmos interesantes e variados.

Instrumentos MIDI:

  1. Exploración e uso de diferentes instrumentos MIDI de Ableton.
  2. Configuración e personalización de instrumentos MIDI para a produción.

Grabación MIDI:

  1. Técnicas básicas para gravar e editar pistas MIDI.
  2. Introdución á cuantización e á corrección de tempo.

Uso de Loops e Samples:

  1. Importación e manipulación de loops e samples.
  2. Integración de loops en proxectos para enriquecer as composicións.

Día 3: Efectos, Automatización e Edición de Audio

Introdución aos Efectos:

  1. Uso de efectos de audio en Ableton (reverb, delay, etc.).
  2. Como aplicar efectos para mellorar a calidade do son e a creatividade.

Automatización:

  1. Aprender a automatizar parámetros en clips e tracks.
  2. Crear movemento e dinamismo nas pistas mediante a automatización.

Edición de Audio Avanzada:

  1. Técnicas para cortar, estirar e manipular clips de audio.
  2. Ferramentas de edición para axustar e perfeccionar os samples.

Práctica de Produción:

  1. Aplicar todo o aprendido nunha sesión práctica de produción.
  2. Creación dunha pequena composición utilizando efectos e técnicas de edición.

Día 4: Composición, Mestura e Exportación

Estrutura da Canción:

  1. Conceptos básicos sobre a estrutura e composición de cancións.
  2. Estratexias para organizar unha canción desde a introdución ata o final.

Mestura Básica:

  1. Nocións sobre ecualización, niveis e panning.
  2. Técnicas para lograr unha mestura equilibrada e clara.

Masterización Básica:

  1. Introdución á masterización dentro de Ableton.
  2. Axustes finais para preparar a canción para a súa distribución.

Exportación Final:

  1. Cómo exportar un proxecto finalizado en diferentes formatos.
  2. Consellos para garantir a mellor calidade de son ao exportar.

Sesión de Demostración e Feedback:

  1. Demostración de Composición: Crear unha peza musical desde cero, amosando todo o proceso.
  2. Feedback e Preguntas: Espazo para dúbidas, preguntas e comentarios sobre o aprendido.

Material Complementario e Apoio Continuo

Recursos Adicionais:

  1. Guías, tutoriais en liña e recursos para continuar aprendendo tras o curso.

Grupo de Soporte:

  1. Creación dun grupo para intercambiar ideas e resolver dúbidas post-curso.