Taller Reaper

Por Pablo López

Descrición do Curso: Este curso introductorio sobre Reaper está deseñado tanto para podcasters como para músicos e creadores de contido que desexen aprender os fundamentos básicos deste potente editor de audio. Reaper é un secuenciador multiplataforma (Mac, Windows e Linux), lixeiro e gratuíto, que permite realizar gravacións e edicións de audio e MIDI de maneira eficiente.

Venres, xaneiro 17, 2025

19.00 ata as 21:00

Pablo López

Pablo López

Productor e guitarrista de sesión

2025 / Xaneiro  

  • 17.01.2025
  • VIGOSÓNICO I CONCELLO DE VIGO 
  • Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)

Pablo Lopez Figueroa es un productor musical, guitarrista de sesión y profesor. Graduado en Música Comercial Moderna por la BIMM University de Dublín, comienza su trabajo profesional como guitarrista de sesión para numerosas bandas tanto en directo como en el estudio, donde desarrolla también su faceta como productor. Ha sido seleccionado en dos ocasiones por el comité de supervisores musicales del festival de Cannes por sus trabajos para «Paula Pequena».

 

    • Sinopse: Reaper é un DAW (Digital Audio Workstation) completo e versátil, comparable con outros programas profesionais do mercado como Logic Pro X, Audacity, Pro Tools e Cubase. É un software lixeiro que consome poucos recursos, ideal para quen busca unha solución eficiente e gratuíta. A versión de proba de Reaper é totalmente funcional e sen limitacións de tempo, perfecta para principiantes que non desexan gastar cartos nun DAW ou correr riscos con software pirateado.

      Estrutura do Curso:

      • Primeiro Bloque: Instalación e Configuración

        • Como descargar e instalar Reaper.
        • Configuración inicial do programa.
        • Integración e configuración de plugins.
        • Recoñecemento de interfaces de audio.
      • Segundo Bloque: Fundamentos Básicos

        • Creación e xestión de pistas.
        • Uso do sistema de grupos e cartafoles.
        • Navegación polos diferentes menús.
        • Gravación de pistas e configuración de «armar para gravar».
      • Terceiro Bloque: Demo Práctica

        • Produción dunha peza pequena de música.
        • Implementación de ferramentas e plugins básicos.
        • Consellos prácticos para maximizar o uso de Reaper.