Taller Avanzado de Arranxos e Produción dun tema antes de gravar no estudio
Por Paco Serén
Deseñado para músicos e produtores que desexan levar as súas composicións ao seguinte nivel. Neste taller, mergullarémonos nos aspectos clave da creación e produción dun tema musical, centrando a nosa atención nos arranxos e na preparación previa á gravación no estudio.
Aínda que a inspiración é fundamental, a diferenza entre unha boa idea musical e un tema de éxito reside no traballo previo á gravación. Este taller ofrece as ferramentas e técnicas necesarias para optimizar a túa produción, asegurando que cada detalle estea no seu lugar antes de pisar o estudio.
Venres, abril 11, 2025
9.30 ata as 15:00
Pako Serén
Músico e Produtor
- 11 .04.2025
- VIGOSÓNICO I CONCELLO DE VIGO
- Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)
- Paco Serén é un produtor audiovisual con máis de 30 anos no sector, desenvolvendo proxectos musicais e audiovisuais. Como fundador da banda española Os Piratas, compuxo temas como: “Anos 80” ou “Data de Caducidade”.
Tamén traballou en proxectos para a TVG, creando gráficos, cabeceiras para televisión, vídeos científicos divulgativos para a Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, vídeos promocionais e videoclips musicais. Estes videoclips gañaron premios en festivais internacionais como o Two Roads International Film Festival (Nova York) e o Accord Cine Fest (Bombai).
Na parte máis visual céntrase en:
• Gravación de vídeo: en locación ou estudo.
• Edición: Composición e perfeccionamento do material gravado.
• Postprodución: Corrección de cor, xestión de efectos visuais e mestura de son.
Obxectivo do Taller
O obxectivo principal deste taller é dotar aos participantes das habilidades avanzadas para:
- Desenvolver arranxos que enriquezan o tema musical.
- Producir e preproducir con eficacia, aforrando tempo e recursos no estudio.
- Optimizar a estrutura e dinámica do tema, garantindo un son profesional dende o primeiro take de gravación.
Qué Aprenderás?
- Arranxos Avanzados: Como crear arranxos que complementen e melloren a túa composición, engadindo profundidade e interese ao tema.
- Produción Musical: Técnicas para maximizar a calidade sonora e a coherencia do teu proxecto antes de gravar.
- Preprodución: A importancia da preprodución na preparación de cada sesión de estudio, aforrando tempo e evitando erros comúns.
- Preparación Técnica: Selección de equipos, configuración de instrumentos e organización do espacio para unha gravación eficiente.
Para Quen Está Dirixido?
Este taller está pensado para músicos, compositores, produtores e técnicos de son con experiencia previa que desexen perfeccionar as súas habilidades en arranxos e produción musical.