Taller de Creación Musical Asistida con Intelixencia Artificial:
Por Miguel Areán
Como podemos aproveitar a Intelixencia Artificial nas nosas creacións musicais? Neste obradoiro, exploraremos as últimas ferramentas empregadas para crear sons, compoñer cancións e producir música. Ademais, practicaremos con estas ferramentas para entender o seu funcionamento e a súa aplicabilidade nas nosas composicións.
Miguel Areán
Experto en Videoxogos / Galicia
- 03.10.2024
- VIGOSÓNICO I CONCELLO DE VIGO
- Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)
Miguel Areán, con máis de 25 anos de experiencia no sector TIC, é unha mente inquieta e creativa apaixonada pola xestión de proxectos e o deseño de videoxogos. O seu enfoque está centrado en facer que os proxectos funcionen de forma innovadora e eficiente. Ademais, Miguel disfruta dando charlas e compartindo os seus amplos coñecementos, sempre disposto a aprender daqueles que dominan outras áreas. A súa paixón pola formación levouno a adquirir unha extensa experiencia en diversos ámbitos, onde ten axudado a moitas persoas a desenvolver as súas habilidades.
Obxectivos do Obradoiro: