Taller de creación dun Podcast dende cero

Por Antonio Giganto

Descrición do Curso: Prepárate para mergullarte no mundo do podcasting da man de Antonio Giganto, un experto coñecido polo seu amplo coñecemento  no mundo audioviusal. Este taller está deseñado para guiarte a través de todo o proceso de creación dun podcast, dende a idea inicial ata a súa distribución nas redes. Ao final do taller, non só terás o teu propio podcast, senón que tamén estarás listo para facelo chegar ao mundo!

Xoves, outubro 10, 2024

19.00 ata as 21:00

Xoves, outubro 17, 2024

19.00 ata as 21:00

Xoves,  outubro 24, 2024

19.00 ata as 21:00

Xoves, outubro 31, 2024

19.00 ata as 21:00

Antonio Giganto

Antonio Giganto

Locutor y docente

2024 / Outubro 

  • 10, 17, 24, 31 –10.2024
  • VIGOSÓNICO I CONCELLO DE VIGO 
  • Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)

Leva máis de trinta anos no mundo da comunicación, máis de vinte en Radio Televisión Española e máis concretamente en RNE.

Compaxina o seu traballo na radio co de actor de dobraxe e locutor en varias series e programas de televisión.

Exerceu como formador durante cinco anos na Escola de Imaxe e Son de Vigo, ademais de en varios cursos, para diversas institucións formativas (IFES, Instituto Oficial de Radio e Televisión [IORTVE], Ponte nas Ondas), impartindo cursos relacionados coa comunicación, radio, produción e, por suposto, podcasting.

Cre firmemente na dixitalización e nas posibilidades que esta ofrece para aprender e compartir coñecemento. Apaixóalle o podcasting e, como está seguro de que é a evolución dos medios audiovisuais tradicionais, vai contándolle a todo aquel que o queira escoitar, que non o futuro, senón o presente da comunicación, está ao alcance de todo aquel que estea disposto a aprender.

 

Programa do Taller:

Sesión 1: Guión

  • Descrición: A primeira sesión estará dedicada á creación dun guión sólido. Antonio guiarate no proceso de desenvolvemento de ideas, estrutura narrativa, e como crear un contido atractivo que manteña a atención dos oíntes.
  • Duración: 2 horas

Sesión 2: Locución

  • Descrición: Aprende as técnicas de locución que farán que o teu podcast destaque. Dende o ton e ritmo ata a pronunciación e a expresividade, esta sesión axudarate a perfeccionar a túa voz como ferramenta principal do podcast.
  • Duración: 2 horas

Sesión 3: Preparación e Desenvolvemento do Podcast + Materiais Necesarios

  • Descrición: Todo o que precisas saber sobre a preparación técnica: equipos, software e espazo de gravación. Antonio tamén abordará o desenvolvemento do podcast, dende a gravación ata a edición. Esta sesión incluirá un exercicio práctico para poñer en práctica o aprendido.
  • Duración: 2 horas

Sesión 4: Corrección do Exercicio e Distribución en Redes

  • Descrición: Revisión e corrección do exercicio práctico realizado na sesión anterior. Ademais, aprenderás a mellor maneira de distribuír o teu podcast nas diferentes plataformas e redes sociais, asegurando que chegue ao teu público obxectivo.
  • Duración: 2 horas

Información Adicional

  • Duración Total: 4 sesións de 2 horas cada unha
  • Prezo: 
  • Docente: A… (preparádevos para unha experiencia tan educativa como divertida, porque  non só ensina, tamén fai que o pases ben!)

 

Concello de Vigo 

"

Consellería de Xuventude I Vigosónico.
Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares), CP Teléfono: 986 475 403 · Horario: de Martes a Domingo, de 16.00 a 22.00 horas.                                                Web: http//:www.vigosonico.com                                             Email: vigosonico@gmail.com