SALA ensaios5_
Presentación das Salas de Ensaio de Vigosónico
Vigosónico ofrece un espazo ideal para músicos e bandas que buscan un lugar profesional onde desenvolver a súa creatividade musical.
Instalacións:
Vigosónico dispón de 5 salas de ensaio totalmente equipadas e climatizadas, deseñadas para adaptarse ás necesidades tanto de solistas como de bandas.
Cada sala está acondicionada acústicamente para asegurar unha calidade sonora óptima durante os ensaios.
Equipamento Dispoñible:
- Batería completa lista para o seu uso.
- Dous amplificadores de guitarra, perfectos para diferentes estilos e sons.
- Un amplificador de baixo que garante unha resposta clara e potente.
- Mesa de mesturas para xestionar e equilibrar o son durante os ensaios.
- Dous micrófonos ideais para voces ou instrumentos adicionais.
- Sistema de escoita P.A., que asegura unha reprodución fiel do son en toda a sala, permitindo aos músicos unha experiencia de ensaio realista e profesional.
Estas salas están dispoñibles para músicos de calquera estilo, ofrecendo un entorno perfecto para a práctica, a composición e a preparación de actuacións en directo.
REQUISITOS A CUMPRIR POLOS GRUPOS DE MÚSICA PARA UTILIZACIÓN DOS LOCAIS DE ENSAIO
Os locais de ensaio están destinados a grupos de músicos noveis ou solistas a nivel individual do Concello de Vigo. Considéranse grupos do municipio aqueles nos que, polo menos, a metade máis un dos seus compoñentes están empadroados en Vigo ou matriculados nun centro de ensinanza en Vigo.
CONVOCATORIA
Cada tres ou catro meses faremos unha convocatoria pública para que todos os grupos ou solistas interesados/as poidan presentar solicitude de local onde realizar os seus ensaios. Entre convocatorias, podes contactar connosco directamente no 986616388 ou en vigosonico@gmail.com para consultar as salas e as quendas vacantes.
Esta convocatoria realizarase na última semana de cada trimestre (aproximadamente) e será anunciada na web xuventudevigo.org, así como nas redes sociais de Vigosónico.
O período máximo de uso do local de ensaio por parte dos grupos musicais será trimestral/cuatrimestral en cada convocatoria.
CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE LOCAIS
Para baremar, teremos en conta a orde de chegada da solicitude, o número de empadroados en Vigo, o número de menores de 35 anos, a novidade das bandas, e outros criterios que consideremos oportunos, de xeito que poidan ser os máis beneficiosos para que a meirande parte das bandas teñan cabida en Vigosónico.
AUTORIZACIÓN DE USO
Os grupos asignados terán dereito a utilizar o equipamento 8 horas ao mes (unha quenda de 2 horas á semana).
Os menores de idade deberán presentar, xunto coa inscrición, unha autorización da nai, pai ou titor debidamente asinada, que se formalizará unha vez teñan asignado un local de ensaio. Pódese cubrir na recepción ou a través do correo electrónico vigosonico@gmail.com.
As faltas de asistencia deberán xustificarse por correo electrónico sempre, con unha antelación de 48 horas na medida do posible. No caso de producirse 3 faltas sen xustificar, procederase a penalizar ao grupo coa expulsión durante 1 ano. Se todos son responsables dos avisos a tempo, as bandas que necesiten cambios de día ou ensaios puntuais poderán desfrutar do servizo. Rogamos teñades compañeirismo coas outras bandas.
ACCESO ÁS INSTALACIÓNS
Para ter acceso ás instalacións no horario establecido, o representante do grupo ou un dos integrantes, no seu defecto, deberá dirixirse á persoa responsable do local nese momento para rexistrar a súa entrada.
Antes do comezo de cada sesión de ensaio, debe comprobarse o estado do local e do material, e calquera incidencia deberá ser comunicada ao técnico para cubrir o correspondente parte de incidencias.
HORARIO
O horario establecido incluirá o tempo de montaxe e desmontaxe de instrumentos. Rogamos puntualidade á hora de abandonar a sala.
- Días de ensaio: martes, mércores, xoves, venres, sábados e domingos.
- Horarios de ensaio:
- 17:00 a 19:00 h.
- 19:15 a 21:15 h.
EQUIPAMENTO DOS LOCAIS DE ENSAIO
Os grupos poderán utilizar o equipo de son e a liña de fondo do local (batería, amplificador de baixo, amplificadores de guitarra, kit de micrófonos, mesa multicanal) e poderán levar os instrumentos e backline que consideren necesario para o ensaio (pedaleiras, cables, instrumentos, etc.).
OBRIGAS DOS GRUPOS USUARIOS DOS LOCAIS
- Respectar os horarios e lugares asignados, así como o persoal responsable e compañeiros/as de actividade.
- Cubrir e asinar o parte de asistencia.
- Só poderán acceder ás instalacións as persoas autorizadas e os membros do grupo. Prohíbese o acceso ás instalacións de persoas alleas.
- Non se poderá mover material dunha sala a outra nin almacenar materiais sen consentimento do técnico de son.
- Unha vez rematado o ensaio, o local deberá quedar recollido para ser utilizado polo seguinte grupo. Débese ter un coidado extremo no manexo de material, palometas e cables. Cada usuario/a deberá deixar o local nas mesmas condicións en que se atopaba á súa chegada.
- Para velar polo respecto a todos os colectivos e persoas usuarias, así como á seguridade e hixiene, non está permitido fumar, consumir bebidas alcohólicas, nin comer nos locais. Rogamos teñan precaución coas bebidas (augas e refrescos) para evitar incidentes co material da sala.
- Non está permitido asistir aos ensaios baixo os efectos do alcol nin doutras substancias, así como acceder ás instalacións con substancias estupefacientes. Se se detecta calquera sinal do uso, tenencia ou consumo das devanditas substancias, procederase á expulsión inmediata.
- As paredes, os chans, os teitos e os elementos da estancia son elementos acústicos e, polo tanto, queda prohibido cravar, aparafusar, perforar e manipular de ningún xeito estes elementos.
- As portas dos locais de ensaio deberán estar pechadas durante o seu uso e unha vez rematado o ensaio.
- O sistema de aire acondicionado pódese acender e apagar, así como subir e baixar a temperatura. Non se permite tocar os botóns que cobren a tapa. Calquera dúbida deberá ser consultada co persoal de Vigosónico.
- A rotura puntual polo uso continuo do material non está penalizada, mais se se detecta que o material se rompeu polo mal uso da mesma banda reiteradas veces (pratos de batería, parches de batería, cables de micrófono, etc.) ou a falta de material na sala (palometas, bornes ou parafusos da batería), serán sancionados coa cantidade que se considere para repoñer os danos. Prégase un uso responsable do material.
Consellería de Xuventude I Vigosónico.
Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares), CP 36315, Vigo.
Teléfono: 986616388 · Horario: de Martes a Domingo, de 16.00 a 21.30 horas. Web:http//:www.vigosonico.com · https://www.xuventudevigo.org/ · Email: vigosonico@gmail.com