Curso 26/27Cinco salas · Martes a domingo

SALAS DE
ENSAIO

Cinco salas equipadas para as bandas e os solistas de Vigo, no Parque Tecnolóxico de Valadares.

Dar de alta a banda   Xa tes conta? Acceder

Unha das salas de ensaio de Vigosónico, co backline montado

As salas

Cinco salas de ensaio equipadas, climatizadas e acondicionadas acusticamente, pensadas para solistas e para bandas de calquera estilo: practicar, compoñer e preparar directos.

Batería completa

Lista para usar en cada sala.

Amplificadores

Dous amplificadores de guitarra e un de baixo.

Mesa e micrófonos

Mesa de mesturas e dous micrófonos para voces ou instrumentos adicionais.

Sistema P.A.

Escoita fiel do son en toda a sala, para un ensaio realista e profesional.

5Salas
2 hQuenda semanal
8 hAo mes por banda
0 €Uso gratuíto

Podes levar os teus instrumentos e backline: pedaleiras, cables, instrumentos.

Quen pode usalas

Os locais son para bandas noveis e solistas do Concello de Vigo.

Bandas do municipio

Considérase banda do municipio aquela na que, polo menos, a metade máis un dos compoñentes están empadroados en Vigo ou matriculados nun centro de ensinanza de Vigo.

Convocatoria

Cada tres ou catro meses hai unha convocatoria pública para pedir local. Anúnciase en xuventudevigo.org e nas redes de Vigosónico. Entre convocatorias podes consultar as quendas vacantes no 986616388 ou en vigosonico@gmail.com.

Criterios de asignación

Ténse en conta a orde de chegada, o número de empadroados en Vigo, o número de menores de 35 anos e se a banda é nova, entre outros criterios.

Menores de idade

Deben presentar a autorización de nai, pai ou titor asinada, que se sube en ficheiro desde a ficha da banda cando se lles asigne local.

Como darse de alta

Unha soa conta por banda: os integrantes anótanse na ficha, non crean contas novas.

01
Alta

Crea a conta da banda en Rexistro. Se xa tes conta, accede ao teu espazo.

02
Ficha

Completa a ficha: nome, estilo, integrantes, empadroados e menores. Se hai menores de idade, sube a autorización asinada.

03
Validación

O equipo de Vigosónico revisa a ficha e admite a banda.

04
Quenda

Cando se abre o período de solicitudes, pide a túa quenda semanal desde o teu espazo.

Dar de alta a banda   Xa tes conta? Acceder

Horarios e uso

O horario inclúe a montaxe e a desmontaxe dos instrumentos. Rogamos puntualidade ao deixar a sala.

Días
Martes a domingoAtención de 16.30 a 21.30 h
Quendas
17.00–19.00 · 19.15–21.15Dúas horas por quenda
Uso
8 horas ao mesUnha quenda de 2 horas á semana
Duración
Un trimestre ou cuatrimestrePor convocatoria

Faltas

As faltas hai que xustificalas por correo, se pode ser con 48 horas de antelación. Tres faltas sen xustificar supoñen a expulsión do grupo durante 1 ano. Se avisas a tempo, o grupo pode cambiar de día ou pedir ensaios puntuais desde o seu espazo.

Acceso ás instalacións

Para entrar no horario establecido, a persoa representante do grupo (ou un dos integrantes) debe dirixirse ao responsable do local para rexistrar a entrada e comprobar o estado da sala e do material antes de comezar.

Normas de uso

Para que todas as bandas poidan ensaiar en boas condicións.

Respecto e acceso

Respectar os horarios, o persoal e as outras bandas, e cubrir o parte de asistencia. Só poden acceder as persoas autorizadas do grupo; non se permite o acceso de persoas alleas.

Coidado da sala

Deixar a sala recollida para o seguinte grupo e comunicar calquera incidencia ao técnico. Non se pode mover material dunha sala a outra nin gardar material sen o permiso do técnico de son.

Seguridade e hixiene

Non se pode fumar, beber alcohol nin comer nas salas, nin asistir baixo os efectos do alcol ou doutras substancias: a expulsión é inmediata. As portas deben estar pechadas durante o uso.

Material e instalacións

Paredes, chans e teitos son elementos acústicos: non se poden cravar, aparafusar nin perforar. O material roto por mal uso reiterado será sancionado coa cantidade necesaria para reporlo.

Preparado para ensaiar?

Vigosónico · Concellería de Xuventude do Concello de Vigo · Parque Tecnolóxico de Valadares, 36315 Vigo · 986616388 · vigosonico@gmail.com · Martes a domingo, de 16.30 a 21.30 h.

Dar de alta a banda   Xa tes conta? Acceder

Concello de VigoGobierno de España. Ministerio de Sanidad. Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas