Vigosónico, Distrito Creativo Vigo — Parque Tecnolóxico de Valadares

Aquí o son ten arquitectura

Distrito
Creativo

Vigosónico é un espazo multidisciplinar, gratuíto e público da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, para empadroados/as en Vigo, no Parque Tecnolóxico de Valadares. Un lugar para crear, ensaiar, producir e conectar talento.

9Programas
100%Gratuíto e público
26/27Curso en marcha
Que é Vigosónico

Misión e visión

Misión

Acoller a artistas emerxentes e fomentar a colaboración e o intercambio de ideas, impulsando novas formas de expresión sonora dende un espazo aberto a toda a mocidade empadroada en Vigo.

Visión

Cremos que a arte ten o poder de transformar, inspirar e conectar ás persoas. Vigosónico quere ser o escenario onde estas transformacións teñen lugar: sonido que conecta, talento que se impulsa, creación que se expresa, comunidade que se transforma.

O espazo

Isto é Vigosónico por dentro

Cinco salas de ensaio con backline, unha cabina de podcast, aulas e unha terraza no alto do Parque Tecnolóxico de Valadares. Todo público, todo gratuíto.

Unha das salas de ensaio de Vigosónico, co backline montado
Salas de ensaio
Mesa de son e micrófonos na cabina de podcast de Vigosónico
Cabina de podcast
Alumnas da Academia de Vigosónico nunha clase de canto
Academia
Rapaces e rapazas tocando no Campus de Vigosónico
Campus
A terraza exterior de Vigosónico no Parque Tecnolóxico de Valadares
A terraza
O edificio de Vigosónico no Parque Tecnolóxico de Valadares
Parque Tecnolóxico de Valadares
O que facemos

Un espazo, moitos xeitos de facer música

Dende a formación estable da Academia ata os directos do Showcase, pasando por Campus, Laboratorio, Xoga, K-pop, Demosónico, Combo Vigosónico e o podcast Distrito Creativo.

Curso 26/27

Calendario anual

Todas as citas confirmadas do curso, programa a programa, mes a mes, de outubro de 2026 a xuño de 2027.

Outubro 2026

  • Sáb 17 out — Alberto Regueira: Os riffs máis épicos da historia do rock
  • Ven 23 out — Oscar Avendaño: Lo tengo en Vinilo
  • Ven 30 out — Drew Morgan: arranxos para videoxogos
  • Abre a convocatoria de Showcase (ata o 15 de decembro)
  • Abre a convocatoria de Demosónico (ata o 31 de marzo)

Novembro 2026

  • Xov 5, 12, 19 e 26 nov — Lucila / DJ LLNXTO: son para videoxogos
  • Sáb 14 nov — Isabel Balado e Marga Zukova: piano para acompañarte
  • Ven 20 nov — María Velasco: saúde auditiva para músic@s
  • Ven 27 nov — Xabier Alonso: contratos esenciais para artistas
  • Sáb 28 nov — Acción K-pop do 1.º semestre
  • Dom 29 nov — Vigosónico Xoga

Decembro 2026

  • Mér 16 dec — remata o Trimestre 1 da Academia
  • Ven 18 dec — Combo Vigosónico, festa de fin de trimestre
  • Mar 15 dec — pecha a convocatoria de Showcase

Xaneiro 2027

  • Mar 12 xan — comeza o Trimestre 2 da Academia
  • Xov 14, Mar 19, Xov 21, Mar 26 e Xov 28 xan — ciclo Showcase: 5 xornadas, 10 bandas
  • Dom 31 xan — Vigosónico Xoga

Febreiro 2027

  • Xov 4, 11, 18 e 25 feb — Lucila / DJ LLNXTO: primeiros pasos como DJ
  • Ven 12 feb — Mary Rada: identidade visual con IA
  • Ven 26 feb — Mingos Lorenzo: escribe a túa canción
  • Sáb 27 feb — Carlos A. Veloso: autoproduce o teu videoclip
  • Dom 28 feb — Vigosónico Xoga

Marzo 2027

  • Xov 4, 11 e 18 mar — Rafa Solemne: produción urbana en home studio
  • Sáb 6 mar — Miguel Areán: IA aplicada á composición
  • Ven 5 e 12 mar — Taller de Baile K-pop
  • Mér 31 mar — pecha a convocatoria de Demosónico

Abril 2027

  • Xov 1 abr — Rafa Solemne (remate)
  • Sáb 3 abr — Álex García: batería a punto
  • Dom 11 e Dom 18 abr — Martiño Martínez: son de guitarra e harmonía
  • Ven 9 e 23 abr — Taller de Baile K-pop
  • Dom 25 abr — Vigosónico Xoga
  • Mér 14 abr — remata o Trimestre 2 da Academia
  • Sáb 17 abr — Combo Vigosónico, festa de fin de trimestre

Maio 2027

  • Ven 14 mai — Yolanda Rodríguez Anievas: Pro Tools Intro
  • Ven 7 mai — Festa K-pop final
  • Dom 30 mai — Vigosónico Xoga
  • Comezan as gravacións de Demosónico

Xuño 2027

  • Gravacións e mesturas de Demosónico
  • 22, 23, 25 e 26 xuño — Academia Exprés
Participa

Crea, ensaia, conecta

Todos os programas son gratuítos e están abertos á mocidade empadroada en Vigo. Entra na páxina de cada programa para ver datas e inscribirte.

OndeParque Tecnolóxico de Valadares · 36315 Vigo
QuenConcellería de Xuventude, Concello de Vigo
Redes@vgosonico · vigosonico.com
Concello de VigoGobierno de España. Ministerio de Sanidad. Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas