Novidade 26/27Proposta de xestión 2026-2029 · 4.8.2

VIGOSÓNICO
SHOWCASE

Un directo breve e coidado, gravado en vídeo e son, para que os proxectos emerxentes de Vigo teñan por fin material co que presentarse.

Artista actuando en directo no Showcase Vigosónico

Que é

Un directo curto e ben gravado para que o teu proxecto teña por fin material co que presentarse.

Por que importa

Hoxe, para que unha sala, un festival ou un selo te escoite, fai falta verte tocar. Sen unha peza audiovisual decente, un bo disco pasa desapercibido.

Que pon Vigosónico

O espazo, o equipo de son co técnico do centro e a produción audiovisual con cámaras propias. Ti só tes que vir tocar.

Onde encaixa

Academia e Campus forman, Demosónico grava a demo e Showcase pono en directo diante dunha cámara. É o paso natural cando xa tes temas propios.

10Bandas ao ano
2Bandas por xornada
3Temas por banda
0 €Para a banda

Como é unha xornada

Un formato curto, ben gravado e repetible, que se pode soster todo o ano co equipo do centro.

O directo

Dúas bandas por xornada, tres temas cada unha, no salón multiusos ou na terraza. Proba de son previa co técnico do centro e público limitado, en formato próximo.

Gravación multicámara e son en directo tomado da mesa. Sen produción engadida: o que soa é o que a banda toca.

Referencias: Tiny Desk · KEXP · Monkey Weekend · Mercat de Música Viva de Vic

O que recibe a banda

Un vídeo por tema, o audio mesturado e un conxunto de fotografías, en tres ou catro semanas.

Os másters seguen sendo da banda. Vigosónico recibe unha autorización non exclusiva para uso cultural e institucional: web, redes, memoria e difusión do servizo.

Lugar
Salón multiusos / terrazaParque Tecnolóxico de Valadares
Duración
Media xornadaProba de son + gravación
Equipo
Técnico de son + coordinaciónCámaras e produción propias
Entrega
3-4 semanasVídeo, audio e fotos
Leo Bibytor tocando en directo en Vigosónico
Directo en Vigosónico
Batería nun directo en Vigosónico
Sala de directo

Como se selecciona

Convocatoria aberta dende outubro, cun corte o 15 de decembro para o ciclo de xaneiro.

01
Solicitude

Formulario aberto dende outubro, no final desta páxina. Ata o corte pódense actualizar os enlaces aos vosos temas.

02
Corte o 15 de decembro

Último día para presentarse ao ciclo de xaneiro. O comité resolve esa mesma semana.

03
Comité do centro

Coordinación, técnico de son e docente da Academia. Dúas bandas por xornada, con acta e puntuacións.

04
Publicación

Resolución cun mes de antelación e data de xornada asignada a cada banda. Faise tamén unha lista de reserva, por se algunha non pode coa data ou xorde unha imposibilidade técnica.

Non é un premio, é unha programación

Aquí non se gaña nada: prográmase un directo e grávase ben. Por iso a criba é lixeira e mide encaixe —para quen serve máis ter esa peza— e non excelencia.

Por que hai selección

As datas son limitadas, así que se reparten con criterios públicos e coa prioridade posta en quen máis o precisa: xente nova, de Vigo e que aínda non ten material audiovisual.

Bases: quen pode e como se escolle

Primeiro, catro requisitos: sen eles non hai valoración. Despois, un baremo curto — o Showcase non é un concurso, non se busca a mellor banda senón a quen máis lle serve un directo ben gravado.

Requisitos de acceso

  1. Repertorio propio: mínimo tres temas orixinais.
  2. Polo menos a metade da banda empadroada ou matriculada en Vigo. Estúdanse excepcións se o proxecto ten un vínculo estable e demostrable coa escena viguesa.
  3. Proxecto estable —banda ou artista en solitario— con capacidade de tocar en directo sen produción engadida.
  4. Aceptación das bases e do marco de dereitos de imaxe e son.

Son porta de entrada, non puntos: quen non cumpra os catro queda fóra

Baremo, unha vez dentroPuntos
Non ter material audiovisual en directo publicado+10
Vínculo co centro. Ensaian en Vigosónico+10
Participaron nalgunha actividade do centro este curso+5
Idade. Todos menores de 35 anos · o 50% ou máis+5 / +3
Empadroamento. Todos os membros · máis do 50%+5 / +2
Novo este curso. Composición e interpretación en galego+5
Novo este curso. Presenza feminina na banda+5

O galego e a presenza feminina entran como discriminación positiva: non son requisitos, son puntos

O desempate

Primeiro os puntos. Se hai empate, a data de entrada da solicitude; e despois, a diversidade de estilos da tempada, para que o ciclo non sexa cinco veces o mesmo.

Dereitos: que se cede e que non

O cuarto requisito é aceptar este marco, así que aquí está enteiro. Asínase antes de gravar, non despois.

O que segue sendo voso

A autoría e os másters son da banda. Vigosónico non reclama ningunha titularidade sobre as obras nin sobre a gravación.

Podedes usar o material para promoción non comercial —redes, prensa, dossier, candidaturas— mantendo a integridade da gravación e os créditos de Vigosónico e do Concello de Vigo.

Calquera uso comercial ou licenza a terceiros require autorización previa, e resólvese caso por caso.

O que autorizades a Vigosónico

Unha autorización non exclusiva, gratuíta e sen límite de territorio nin de tempo para comunicar e difundir a peza con fins culturais, institucionais, promocionais e documentais. Nunca para explotación comercial.

Garantides ser titulares dos temas que tocades e asumides a responsabilidade ante calquera reclamación de terceiros sobre eles.

Nos proxectos con persoas menores de idade, a cesión asínaa a nai, o pai ou a persoa titora antes da gravación.

Os créditos de autoría e interpretación acompañan sempre á peza publicada

Calendario e presentación de bandas

Cinco xornadas en tres semanas, dúas bandas por xornada: 10 bandas e 10 gravacións nun mes. Xaneiro é mes sen Campus e os martes non hai clase de guitarra na Academia, así que o espazo queda libre.

  1. 012 bandasXov 14Xaneiro 2027 · Salón multiusos
  2. 022 bandasMar 19Xaneiro 2027 · Salón multiusos
  3. 032 bandasXov 21Xaneiro 2027 · Salón multiusos
  4. 042 bandasMar 26Xaneiro 2027 · Salón multiusos
  5. 052 bandasXov 28Xaneiro 2027 · Salón multiusos
Compromiso
10 gravacións ao anoProposta 2026-2029: 8-10
Acceso
GratuítoBandas e artistas de Vigo
Convocatoria
Aberta dende outubro10 bandas no ciclo de xaneiro
Corte
15 de decembroÚltimo día para presentarse

Presenta a túa banda

Solicitude para o ciclo de xaneiro de 2027. Dez bandas, escollidas por un comité, con resolución un mes antes. O prazo pecha o 15 de decembro.

Corte: 15 de decembro · resolución un mes antes
Concello de VigoGobierno de España. Ministerio de Sanidad. Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas