Mozas e mozos con instrumentos nunha imaxe promocional do Laboratorio de Creación Musical para a Mocidade
Un espazo público
para crear, ensaiar,
producir e conectar talento

DO 29 XUÑO AO 10 XULLO

LABORATORIO
DE CREACIÓN MUSICAL
PARA A MOCIDADE

Que é o
Laboratorio Musical?

O Laboratorio Musical para a Mocidade é unha proposta educativa e cultural, impulsada polo Concello de Vigo e pensada para que a mocidade viva unha experiencia transformadora arredor da música.

Durante dúas semanas, combinarán o traballo creativo co coñecemento real do sector musical: desde aprender a tocar e compoñer, ata producir cancións, planificar un concerto e comprender os dereitos de autoría.

Unha formación intensiva, divertida e útil para quen queira:

  • Desenvolver o seu talento musical.
  • Coñecer persoas coas mesmas inquedanzas.
  • Contactar con profesionais en activo do sector.
  • Descubrir posibles saídas profesionais no mundo da música.
Información do Laboratorio de Creación Musical PDF · Programa completo 2026
Bloque A · 09:30–11:30
Instrumento
& Bandas
  • Guitarra, baixo, batería ou voz
  • Traballo en combos musicais
  • Ensaios de repertorio propio
  • Activacións creativas
Bloque B · 12:00–14:00
Obradoiros
Especializados
  • Composición e produción
  • IA musical
  • Comunicación e dereitos
  • Posta en escena
03
TODOS OS ESTILOS SON BENVIDOS·POP·ROCK·URBANA·FOLK·ELECTRÓNICA·CLÁSICA·EXPERIMENTAL·HIP-HOP·SOUL·JAZZ·    TODOS OS ESTILOS SON BENVIDOS·POP·ROCK·URBANA·FOLK·ELECTRÓNICA·CLÁSICA·EXPERIMENTAL·HIP-HOP·SOUL·JAZZ·    

9 talleres prácticos

01
Composición e creación de cancións
02
Creación musical e aplicación de recursos dende a raíz
03
Comunicación, biografía e podcast para artistas. Crea o teu EPK
04
A música como industria: as diferentes profesións do sector
05
Prepara o teu directo: rider técnico e backline
06
Pipeline asistido por IA — como crear o teu personaxe no escenario
07
Como preparan os artistas profesionais as sesións de composición
08
Academia musical: clases de instrumento e composición colectiva
09
IA aplicada á composición e produción musical

Os e as nosas profesionais

Wöyza
Wöyza
Música · Vocal Coach · Autora
Mingos Lorenzo
Mingos Lorenzo
Músico · Compositor · Produtor
Salva Ronko
Salva Ronko
Locutor · Director do Maketón
Martiño Martínez
Martiño Martínez
Guitarrista · Profesor Vigosónico
María SOA
María SOA
Música · Compositora · Docente
Toño López
Toño López
Cantante · The Soul Jacket
Álex García
Álex García
Profesor de Batería · Vigosónico
Miguel Areán
Miguel Areán
Produtor · IA Aplicada á Música
María Ferreirós
María Ferreirós
Comunicación Cultural · Música
Miguel Marcos
Miguel Marcos
Músico · Produtor · Docente
Rafael Freijanes · Solemne
Rafael Freijanes · Solemne
Técnico de Son · Produtor Musical
Javier de la Torre "JT"
Javier de la Torre "JT"
Caracterización, Deseño de Personaxes e Animación Musical · EISV
Carolina López
Carolina López
Monitora de Tempo Libre e Ocio
Marta Herrero
Marta Herrero
Monitora de Tempo Libre e Ocio
Juan Rivas
Juan Rivas
Director de Vigosónico
Coordinación e Dinamización Carolina Rivas, Carolina López e Marta Herrero — monitoras especializadas en tempo libre e procesos creativos para a mocidade.
DatasDo luns 29 de xuño ao venres 10 de xullo de 2026 (dúas semanas consecutivas).
Horario09:30 a 14:00 de luns a venres.
MadrugadoresServizo dispoñible dende as 08:30.
FriameiraDe 14:00 a 15:00.
LugarVigosónico · Estrada do Portal s/n, Valadares (Parque Tecnolóxico de Valadares) — entre o Centro de Maiores e a gardería Galiña Azul.
Idade13 a 25 anos cumpridos en 2026. Con ou sen formación musical previa.
PrazasEsgotadas.
Que levarInstrumento propio se o tes (guitarra, baixo…). A batería está dispoñible no local. Portátil ou tablet para os obradoiros de produción e IA musical.
OrganizaConcellería de Xuventude · Concello de Vigo.

Prazas esgotadas

As prazas desta edición están completas

Agradecemos o interese de todas as persoas que se inscribiron. Se queres estar ao tanto das próximas convocatorias, síguenos en @vigosonico ou visita vigosonico.com.

08 — Inscrición

Vén descubrir
a túa voz

Prazas esgotadas · Obrigado pola vosa participación