Vigosonico I Distrito Creativo I Concello de Vigo
  • INICIO 2026
  • Laboratorio
  • Espazos
    • Salas Ensaios
    • Sala Polivalente
    • Sala Podcast
  • Programas
    • Academia
    • Campus
    • Demosónico
    • Xoga
Select Page

Política de cookies

Última actualización · 19 de setembro de 2026

Esta web usa moi poucas cookies, e ningunha para seguirte nin para
publicidade. Non hai Google Analytics, nin píxel de Facebook, nin nada semellante. Por
iso non che sae un aviso pedíndoche permiso: as que usamos están exentas.

1 · Que é unha cookie

Un ficheiro pequeno que a web garda no teu navegador para lembrar algo entre unha
páxina e a seguinte. Hai cookies imprescindibles para que un sitio funcione e hainas que
serven para medir audiencia ou para perfilar a quen navega. Aquí só temos das primeiras.

2 · As que usamos

CookiePara que serveDuración
Sesión de WordPress
wordpress_*, wp-settings-*
Só se creas conta na área de bandas e inicias sesión. Mantéñenche a sesión
aberta e lembran as preferencias do panel. Se nunca entras na área de bandas,
non se crean.
Da sesión ata un ano
Seguridade
wordpress_test_cookie
Comproba que o teu navegador acepta cookies antes de deixarte iniciar sesión.Ata pechar o navegador

Todas son cookies propias e técnicas, necesarias para prestar un servizo que ti
pediches expresamente. O artigo 22.2 da Lei 34/2002 exímeas de pedir consentimento.

3 · Servizos de terceiros

Dúas cousas desta web falan con servidores que non son nosos, e convén que o saibas
aínda que non poñan cookies:

  • Formularios de inscrición. Cando lle das a enviar, os datos van a un servizo
    de Google (Apps Script) que os garda na folla de inscricións. Iso só pasa ao enviar,
    non ao navegar. O detalle está na
    política de privacidade.
  • Tipografías. Algunhas páxinas aínda cargan fontes dende Google Fonts, o que
    implica que o teu navegador conecta cun servidor de Google e este ve a túa IP. Estamos
    migrando todas as fontes ao noso propio servidor para que deixe de pasar.

4 · Como xestionalas ou borralas

Podes ver, bloquear e borrar as cookies dende o teu navegador. Se bloqueas as técnicas,
a área de bandas deixará de funcionar; o resto da web segue igual.

  • Chrome
  • Safari
  • Firefox
  • Edge

5 · Cambios

Se algún día engadimos unha ferramenta que si precise consentimento —unha estatística,
un vídeo incrustado— aparecerá aquí e sairache un aviso para que decidas ti antes de que
se instale nada.

Política de privacidade
Aviso legal
Cookies

Rúa do Portal s/n · Parque Tecnolóxico de Valadares · 36315 Vigo · 986 616 388 · vigosonico@gmail.com

  • Facebook
  • X
  • RSS
Diseñado por La Décima Planta [Usina Creativa]