Aviso legal
Última actualización · 19 de setembro de 2026
Quen está detrás desta web, que podes facer co que hai nela e
a quen dirixirte se algo non che cadra.
1 · Titularidade
vigosonico.com é a web de Vigosónico · Distrito Creativo, un espazo
multidisciplinar, gratuíto e público dependente da Concellería de Xuventude do
Concello de Vigo (CIF P3605700H, Praza do Rei 1, 36202 Vigo (Pontevedra)).
A xestión do servizo e o mantemento desta web corren a cargo de
La Décima Planta, S.L. (CIF B75928697, Rúa Urzaiz 96, 36204 Vigo (Pontevedra)), como entidade
adxudicataria.
Sede do centro: Rúa do Portal s/n · Parque Tecnolóxico de Valadares · 36315 Vigo · 986 616 388 · vigosonico@gmail.com
2 · Para que serve esta web
Informar das actividades de Vigosónico —Academia, Campus, Xoga, Showcase, Demosónico,
locais de ensaio— e permitir inscribirse nelas. Todas as actividades son gratuítas e
están dirixidas principalmente a mocidade empadroada ou matriculada en Vigo.
Procuramos que a información estea ao día, pero as datas, os horarios e o profesorado
poden cambiar por causas alleas a nós. O que manda é o que se comunique por correo a
quen estea inscrito/a.
3 · Condicións de uso
Usar esta web é gratuíto e non require rexistro, agás na área de bandas. Ao usala
comprométeste a non facelo para fins ilícitos, a non intentar danar o sitio nin acceder
a zonas restrinxidas, e a dar datos certos nos formularios de inscrición.
As prazas adxudícanse segundo os criterios que se publican en cada convocatoria. Dar
datos falsos para acceder a unha praza é motivo de exclusión.
4 · Propiedade intelectual
Os textos, as fotografías, os deseños, a marca Vigosónico e o resto de contidos desta
web están protexidos. Podes citalos e enlazalos libremente indicando a fonte; para
reproducilos ou usalos con outro fin, escríbenos antes.
As fotografías do alumnado e das actividades publícanse coa autorización das persoas que
aparecen nelas. Se apareces nalgunha e queres que a retiremos, dío e retírase.
5 · Ligazóns a outros sitios
Cando enlazamos a webs de terceiros —redes sociais, formularios de Google, páxinas do
Concello— non nos facemos responsables do que haxa nelas nin de como traten os teus
datos. Cada unha ten as súas propias condicións.
6 · Responsabilidade
Facemos o razoable para que a web funcione e estea segura, pero non podemos garantir que
non haxa interrupcións ou erros. Se algunha vez o formulario de inscrición non vai, chama
ao 986 616 388 ou escribe a vigosonico@gmail.com e apuntámoste igual.
7 · Protección de datos
Todo o relativo aos teus datos persoais está na
política de privacidade, e o uso de cookies na
política de cookies.
8 · Lexislación aplicable
Este aviso réxese pola lexislación española. Para calquera controversia, as partes
sométense aos xulgados e tribunais de Vigo, sen prexuízo do foro que corresponda por lei
ás persoas consumidoras.
Política de privacidade
Aviso legal
Cookies
Rúa do Portal s/n · Parque Tecnolóxico de Valadares · 36315 Vigo · 986 616 388 · vigosonico@gmail.com

