Produción de música urbana e gravación en "home studio"

Por Rafa Solemne

O Taller de Produción, Gravación e Mestura de Música Urbana con Rafa Solemne é unha oportunidade única para mergullarse no proceso creativo da música actual. Durante varias sesións prácticas aprenderás a producir, gravar e mesturar temas de estilos como o Trap, Rap, R&B ou Reggaetón, utilizando as ferramentas axeitadas dende cero. Ademais, terás ocasión de conectar con outras persoas que comparten a túa mesma paixón pola música.

 

Venres 3, 10, 17 e 24 de outubro 2025

🕢 19:30 a 21:00

A day in the life. Concerto-conferencia con música dos Beatles.

Por Francisco Castro

Francisco Castro, escritor e músico, é un experto na música dos Beatles. Publicou o libro «Eso no estaba en mi libro de los Beatles». En Vigosonico ofrecerá unha viaxe por 15 cancións que servirán para contar a historia e os segredos compositivos dos Fab Four de Liverpool. Un concerto para aprender e para cantar éxitos inmorrentes de John, Paul, George y Ringo.

 

8 de novembro 2025

🕢 19:30 a 21:00

II Encontro K-POP Vigosónico

Organiza Vigosónico

✨ O FENÓMENO K-POP ESTÁ DE VOLTA EN VIGOSÓNICO! ✨
Prepárate para unha tarde chea de ritmo, enerxía e diversión co II Encontro K-POP Vigosónico 🫶🏼
🩷 Actividades:
• Obradoiro de manualidades: trae unhas tesoiras ✂️ para facer a túa Hanging Paper Doll
• Exhibición de coreografías
• Random Dance
• Sorteo final con agasallos!
🗓️15 de novembro, de 17:00 a 20:30 h
📍 Lugar: Vigosónico – Distrito Creativo
🎤 Organiza: Concello de Vigo Vigosónico

 

14 de novembro 2025

🕢 17:00 a 20:30

Encontros lúdicos Vigosónico Xoga

Por Andrea Bretín | Organiza Vigosónico

Obxectivos dos Obradoiros

Explorar o fascinante mundo dos xogos de mesa modernos, enfocándose no deseño e nas dinámicas que os fan tan atractivos. O obxectivo é que os participantes adquiran coñecementos clave sobre como se desenvolven os xogos de mesa, desde a idea inicial ata a creación de prototipos, e como estes inflúen na experiencia dos xogadores.


Público Obxectivo

Este obradoiro está dirixido a todas as idades: pais, nais, avós, avóas, mozos e mozas

  • Afeccionados aos xogos de mesa: Persoas que disfrutan deste tipo de xogos e queren profundizar no seu coñecemento.
  • Interesados no deseño de xogos: Aqueles que teñen curiosidade ou experiencia previa no deseño de xogos de mesa e queren mellorar as súas habilidades ou descubrir novas técnicas.

 

16 de novembro 2025

30 de novembro 2025

14 de decembro 2025

28 de decembro 2025

🕢 17:00 a 20:30

OBRADOIRO DE CORO Improvisación vocal y coro equivibrarte

Por: Isabel Balado | Organiza Vigosónico

🎶 Obradoiro: Improvisación Vocal & Coro Equivibrarte

Un taller para descubrir o poder da voz e a conexión do canto colectivo.

A través de exercicios de respiración diafragmática, postura corporal correcta, afinación e traballo por rexistros, aprenderás a empregar a túa voz como instrumento expresivo e creativo.                                                                                                                                                                               

💡 Neste obradoiro exploraremos tamén a improvisación vocal, xogos de eco e repetición, percusión corporal e dinámicas grupais que fomentan a escoita activa e a integración co resto do grupo.

Que é un coro?

• Breve introdución á historia do coro

• A importancia do canto colectivo

EXERCICIOS DE RESPIRACIÓN DIAFRAGMÁTICA

POSTURA CORPORAL CORRECTA PARA CANTAR

COLOCACIÓN DA VOZ E AFINACIÓN

TRABALLO EN REXISTROS (GRAVE – AGUDO)

🎵 O taller rematará coa montaxe dunha peza coral sinxela, un exercicio práctico onde todas as voces se unen para crear algo único.           👉 Un espazo para perder o medo, explorar o ritmo e sentir o pracer de cantar en comunidade.

 

Sábado 13 de decembro 2025

🕢 19:30 a 21:00

Obradoiro: Mestura de cancións “in the box” con Pro Tools

Organiza Vigosónico

🎚️ Imparte: Yolanda Anievas, subdirectora e coordinadora do Departamento de Son da EISV (Escuela de Imagen y Sonido de Vigo)

Data: Venres, 23 de xaneiro de 2026
Hora: 🕕 19:00 a 21:00

Descrición:
Este obradoiro está dirixido a persoas interesadas en mellorar o acabado das súas producións musicais e descubrir as claves dunha mestura profesional “in the box”, realizada integramente en contorno dixital.

Da man de Yolanda Anievas, técnica de son e docente con ampla traxectoria, explorarás o proceso completo de mestura utilizando Pro Tools, o software estándar da industria musical.

Durante a sesión abordarase:

🎧 O equilibrio entre voces e instrumentos.
🎚️ A creación de espazo e profundidade con ecualización, compresión e efectos.
🎛️ O uso de referencias profesionais e técnicas de automatización.
💡 Consellos prácticos para optimizar o fluxo de traballo e evitar erros comúns.

👉 Un taller práctico e inspirador para comprender como transformar unha gravación nun tema co son e acabado propios dun estudo profesional.

 

Venres 23 de enero 2026

🕢 19:00 a 21:00

OBRADOIROS PASADOS 2024-25

Taller Incubación Vigosónico: Cómo realizar o "rider" da túa banda para unha sala e facer unha proba de son

Por Eladio Santos

O Obradoiro Incubación Vigosónico: “Como realizar o rider da túa banda para unha sala de concertos e facer unha proba de son” ofrece unha oportunidade única para músicos e bandas que desexan perfeccionar a súa preparación para actuacións en directo. Impartido por Eladio Santos, recoñecido músico e técnico na prestixiosa sala La Fábrica de Chocolate, neste obradoiro desvelará os segredos para elaborar un «rider» eficaz e profesional, cumprindo coas expectativas dos técnicos de son. Ademais, proporcionará pautas esenciais para realizar unha proba de son que garanta unha actuación de calidade e libre de imprevistos.

Xoves, Setembro 26, 2024

18:3o ata as 20:30

l

Taller de Composición e Creación de Cancións

Por Nicolás Pastoriza

Este curso práctico con base teórica está deseñado para calquera persoa interesada na composición de cancións, desde a idea básica máis primixenia ata unha gravación simple, que sería a primeira fase para a obtención dun borrador ou idea orixinal dunha canción completa.

Venres, sep 27, 2024

18:oo ata 21:00 

Taller Práctico de Podcasting: Uso del Zoom PodTrack P8

Por Iago Feijoo e Juan Rivas

Neste obradoiro abordarase o uso básico da ferramenta dixital Zoom PodTrack que existe en Vigosónico na sala de podcast para que calquera persoa a poida utilizar. A PodTrak P8 de Zoom é moi sinxela de usar e é capaz de encargarse dos podcasts máis esixentes. Con todas as funcións que precisa para gravar, editar e mesturar, a PodTrak P8 é o seu estudio completo de podcast.

Sábado, sep 28, 2024

19:oo ata as 21.00 

Taller de creación dun Podcast dende cero

Por Antonio Giganto

Prepárate para mergullarte no mundo do podcasting da man de Antonio Giganto, un experto coñecido tanto polo seu amplo coñecemento no mundo audioviusal. Este taller está deseñado para guiarte a través de todo o proceso de creación dun podcast, dende a idea inicial ata a súa distribución nas redes. Ao final do taller, non só terás o teu propio podcast, senón que tamén estarás listo para facelo chegar ao mundo!

Xoves, outubro 10, 2024

19:oo ata as 21.00 

Xoves, Outubro 17, 2024

19:oo ata as 21.00 

xoves, ocutubro 24, 2024

19:oo ata as 21.00 

Xoves, outubro 21, 2024

19:oo ata as 21.00 

Masterclass sobre “A Linguaxe do Blues” con Claudio Gabis

Por Claudio Gabis

Prepárate para unha clase maxistral única co lendario Claudio Gabis! 🎼 Un dos mellores guitarristas de rock e blues de fala hispana chega a Vigosónico para impartir unha masterclass sobre “A Linguaxe do Blues”, dedicada á historia e ás técnicas do blues nas súas distintas etapas, formas e estilos.

Xoves, outubro 10, 2024

18:oo ata as 20.00

Composición e produción músical asistida pola IA

Por Miguel Areán

O taller de Intelixencia Artificial (IA) aplicado á música ofrecerá unha introdución ás tecnoloxías e ferramentas de IA utilizadas na composición e produción musical. Abordaremos temas como a xeración automática de melodías, a produción de ritmos e harmonías, e o uso de asistentes de IA para mellorar a calidade do son. Os participantes aprenderán a empregar técnicas de IA para crear música innovadora e optimizar o proceso de produción. Este taller está dirixido tanto a músicos e produtores noveles como a profesionais que desexen explorar novas formas de creatividade asistida por IA. ¡Únete a nós para descubrir como a IA pode revolucionar a túa música!

Xoves, Outubro 03, 2024

19.00 ata as  21.00

Taller Incubación Vigosónico: Cómo planificar os ensaios para optimizar o traballo dun un proxecto musical

Por Pablo López

Neste taller, aprenderás a planificar ensaios de maneira eficiente para sacar o máximo proveito do tempo e dos recursos dispoñibles. Abordarase a importancia de chegar preparado ao ensaio, asegurándose de que o equipo estea en boas condicións e ben calibrado, e definir obxectivos claros, como preparar un setlist, revisar arranxos ou ensaiar a posta en escena. Tamén se ofrecerán consellos prácticos sobre a configuración do equipo, a ecualización dos instrumentos e técnicas para mellorar o son. Finalmente, incentivarase a aprender a usar programas de gravación para capturar ideas e mellorar a produción musical.

.

venres, outubro 11, 2024

18.00 ata as 21:00 

Taller Incubación Vigosónico: "A figura do manager na Industria da música "

Por Patricia Hermida

impartido por Patricia Hermida, ofrece unha visión integral sobre a figura do manager como peza fundamental na traxectoria dun artista. Patricia Hermida, coa súa ampla experiencia na xestión e desenvolvemento de talentos, desvelará a importancia de contar cun manager que non só acompañe nos primeiros pasos da carreira, senón que tamén desenvolva unha planificación estratéxica para acadar o éxito. Este obradoiro é unha oportunidade única para artistas que buscan comprender como atopar e colaborar coa persoa clave que impulsará a súa carreira ao seguinte nivel..

Venres, outubro 18, 2024

19.00 ata as 21:00

Taller Incubación Vigosónico: Imaxe, Comunicación e Marketing en Redes

Por Arancha Vilas

Nesta sesión, exploraremos a importancia da comunicación e a estratexia no mundo musical. Traballaremos nunha toma de contacto personalizada coa situación actual de cada banda ou artista asistente, ofrecendo asesoramento individualizado. Analizaremos o poder das redes sociais como escaparate e medio de difusión, incluíndo consellos sobre cales usar e como aproveitar as publicacións de pago. Ademais, aprenderás a publicar a túa música en plataformas populares como Spotify, Apple Music, Amazon Play e Deezer. Tamén abordaremos a relación cos medios de comunicación tradicionais e como chegar a eles de maneira efectiva

Venres, outubro 25, 2024

19.00 ata as 21:00

Curso Iniciación a Deejay:

Por Llxanto Dj

Este curso está deseñado para quen queira iniciarse no mundo do DJing. Ao longo de catro días, exploraremos desde a historia e os fundamentos do DJing ata as técnicas máis avanzadas de mestura e performance. Comezaremos cunha introdución ao equipo básico e á configuración esencial, para despois avanzar cara aos fundamentos da mestura e o beatmatching. Aprenderemos a utilizar efectos e loops para enriquecer as nosas mesturas e finalmente, enfocaremonos na preparación e presentación dun set completo, ofrecendo feedback e consellos para seguir mellorando. Únete a nós e desenvolve as túas habilidades como DJ nun entorno práctico e interactivo

Xoves, novembro 07, 2024

18.30 ata as 19:30

Xoves, novembro 14, 2024

18.30 ata as 19:30

Xoves, novembro 21, 2024

18.30 ata as 19:30

Xoves, novembro 28, 2024

18.30 ata as 19:30

Curso Iniciación a Ableton Live:

Por Lucila Llxanto

Este curso está deseñado para quen queira iniciarse no mundo do DJing. Ao longo de catro días, exploraremos desde a historia e os fundamentos do DJing ata as técnicas máis avanzadas de mestura e performance. Comezaremos cunha introdución ao equipo básico e á configuración esencial, para despois avanzar cara aos fundamentos da mestura e o beatmatching. Aprenderemos a utilizar efectos e loops para enriquecer as nosas mesturas e finalmente, enfocaremonos na preparación e presentación dun set completo, ofrecendo feedback e consellos para seguir mellorando. Únete a nós e desenvolve as túas habilidades como DJ nun entorno práctico e interactivo

Xoves, novembro 07, 2024

20.00 ata as 21:00

Xoves, novembro 14, 2024

20.00 ata as 21:00

Xoves, novembro 21, 2024

20.00 ata as 21:00

Xoves, novembro 28, 2024

20.00 ata as 21:00

Introdución a FMOD: Motor de Efectos de Son para Videoxogos e Aplicacións

Por Lucila, dj Lxanto

FMOD para Unity é unha potente ferramenta de audio deseñada para integrar e controlar de maneira eficiente o son e a música nos xogos desenvolvidos en Unity. FMOD ofrece unha ampla gama de características e funcionalidades, incluíndo unha interface de usuario intuitiva, unha biblioteca de sons e efectos predefinidos, así como ferramentas de mestura e edición.

Con FMOD, os desenvolvedores poden crear ambientes sonoros inmersivos e realistas, engadir efectos especiais e sons espaciais, e implementar bandas sonoras dinámicas que se adapten ás accións do xogador. Ademais, FMOD permite controlar os parámetros do audio en tempo real, como o volume, a panoramización e a reverberación, para lograr unha experiencia de xogo personalizada.

 

Xoves, decembro 05, 2024

19.00 ata as 21:00

Dereitos de propiedade Industrial, cómo rexistrar a túa marca ou nome artístico e por qué debes facelo

Por Eugenia Rodríguez-Novoa

Este obradorio está deseñado para que artistas, emprendedores e profesionais creativos entendan a importancia de protexer a súa obra e identidade. Durante a sesión, aprenderás como rexistrar marcas, nomes artísticos e proxectos culturais, garantindo así os teus dereitos e evitando problemas legais no futuro. Este curso é imprescindible para quen queira profesionalizar o seu traballo creativo, protexer as súas ideas e asegurar o recoñecemento e a rendibilidade da súa creatividade.

 

 

 

 decembro 05, 2024

19.00 ata as 21:00

Adaptación do Show de Directo para unha Xira Economicamente Sustentable

Por Villanueva

Ao longo da súa carreira, Villanueva viviu experiencias marabillosas grazas á música, pero tamén coñeceu os retos económicos que supoñen as xiras tanto para artistas coma para promotores. Este taller é a súa maneira de devolver parte do que aprendeu á comunidade musical.

Xaneiro 18, 2025

17.30 ata as 19:30

Curso Iniciación Reaper I

Por Pablo López

Descrición do Curso: Este curso introductorio sobre Reaper está deseñado tanto para podcasters como para músicos e creadores de contido que desexen aprender os fundamentos básicos deste potente editor de audio. Reaper é un secuenciador multiplataforma (Mac, Windows e Linux), lixeiro e gratuíto, que permite realizar gravacións e edicións de audio e MIDI de maneira eficiente.

Venres, xaneiro 17, 2025

19.00 ata as 21:00

Curso produción de eventos musicais e Festivais.

Por Iago Feijoo

Neste curso, mergullarémonos no emocionante proceso de crear eventos memorables que deleiten a audiencias de todas as idades e gustos. Se algunha vez preguntáchesche como se planifican e executan concertos, festivais, ou calquera tipo de espectáculo en vivo, estás no lugar correcto. Ao longo deste taller, exploraremos desde a concepción inicial dun evento ata a súa execución no escenario, pasando por todos os detalles cruciais que fan que un espectáculo sexa un éxito. Prepárache para penetrarche no mundo da creatividade, a loxística e a emoción, mentres desentrañamos os segredos detrás da produción de eventos espectaculares. 

 

Venres, febreiro 07, 2025

17.30 ata as 20:30

Venres, febreiro 14, 2025

17.30 ata as 20:30

Venres, febreiro 21, 2025

17.30 ata as 20:30

Venres, febreiro 28, 2025

17.30 ata as 20:30

Venres, marzo 07, 2025

17.30 ata as 20:30

Taller Incubación Vigosónico: Cómo realizar o "rider" da túa banda para unha sala ou festival e optimizar unha proba de son

Por Iago Feijoo 

O Obradoiro Incubación Vigosónico: “Como realizar o rider da túa banda para unha sala de concertos e facer unha proba de son” ofrece unha oportunidade única para músicos e bandas que desexan perfeccionar a súa preparación para actuacións en directo. Impartido por  Iago Feijoo, neste obradoiro desvelará os segredos para elaborar un «rider» eficaz e profesional, cumprindo coas expectativas dos técnicos de son. Ademais, proporcionará pautas esenciais para realizar unha proba de son que garanta unha actuación de calidade e libre de imprevistos.

Venres, marzo 21, 2024

19:0o ata as 21:00

Taller Avanzado de Gravación e Procesado de Voces

Por Pablo López

Descrición do Curso: Este taller está deseñado para músicos, produtores e técnicos de son que desexan mellorar as súas habilidades na gravación e procesado de voces. O taller divídese en dous bloques principais: un centrado nos aspectos físicos e técnicos da gravación, e outro enfocado no procesado dixital das voces utilizando ferramentas avanzadas. Este curso está pensado para aqueles que xa teñen un coñecemento básico dos programas de gravación e edición de audio

Xoves, abril 03, 2025

19.00 ata as 21:00

Taller Avanzado de Arranxos e Produción dun tema antes de gravar no estudio

Por Paco Serén

Deseñado para músicos e produtores que desexan levar as súas composicións ao seguinte nivel. Neste taller, mergullarémonos nos aspectos clave da creación e produción dun tema musical, centrando a nosa atención nos arranxos e na preparación previa á gravación no estudio.

Aínda que a inspiración é fundamental, a diferenza entre unha boa idea musical e un tema de éxito reside no traballo previo á gravación. Este taller ofrece as ferramentas e técnicas necesarias para optimizar a túa produción, asegurando que cada detalle estea no seu lugar antes de pisar o estudio.

Venres, abril 11, 2025

10.00 ata as 15:00

Concellería de Xuventude I Concello de Vigo

Coordina: «La Décima Planta [Usina Creativa] 

Vigosónico é un espazo dependente da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, actualmente está coordinado por Juan Rivas – La Décima Planta [Usina Creativa]–. Se che interesa recibir info dos nosa actividades podes anotarte, envía un mail a vigosonico@gmail.com 

Concello de Vigo

"

 

Concellería de Xuventude do Concello de Vigo | Vigosónico.
Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares), CP 36315, Vigo.

Teléfono: 986616388 · Horario: de Martes a Domingo, de 16.30 a 21.30 horas.                                                                                                          Web:http//:www.vigosonico.com · https://www.xuventudevigo.org/ · Email: vigosonico@gmail.com