SALAS DE
ENSAIO
Cinco salas equipadas para as bandas e os solistas de Vigo, no Parque Tecnolóxico de Valadares.

As salas
Cinco salas de ensaio equipadas, climatizadas e acondicionadas acusticamente, pensadas para solistas e para bandas de calquera estilo: practicar, compoñer e preparar directos.
Batería completa
Lista para usar en cada sala.
Amplificadores
Dous amplificadores de guitarra e un de baixo.
Mesa e micrófonos
Mesa de mesturas e dous micrófonos para voces ou instrumentos adicionais.
Sistema P.A.
Escoita fiel do son en toda a sala, para un ensaio realista e profesional.
Podes levar os teus instrumentos e backline: pedaleiras, cables, instrumentos.
Quen pode usalas
Os locais son para bandas noveis e solistas do Concello de Vigo.
Bandas do municipio
Considérase banda do municipio aquela na que, polo menos, a metade máis un dos compoñentes están empadroados en Vigo ou matriculados nun centro de ensinanza de Vigo.
Convocatoria
Cada tres ou catro meses hai unha convocatoria pública para pedir local. Anúnciase en xuventudevigo.org e nas redes de Vigosónico. Entre convocatorias podes consultar as quendas vacantes no 986616388 ou en vigosonico@gmail.com.
Criterios de asignación
Ténse en conta a orde de chegada, o número de empadroados en Vigo, o número de menores de 35 anos e se a banda é nova, entre outros criterios.
Menores de idade
Deben presentar a autorización de nai, pai ou titor asinada, que se sube en ficheiro desde a ficha da banda cando se lles asigne local.
Como darse de alta
Unha soa conta por banda: os integrantes anótanse na ficha, non crean contas novas.
Alta
Crea a conta da banda en Rexistro. Se xa tes conta, accede ao teu espazo.
Ficha
Completa a ficha: nome, estilo, integrantes, empadroados e menores. Se hai menores de idade, sube a autorización asinada.
Validación
O equipo de Vigosónico revisa a ficha e admite a banda.
Quenda
Cando se abre o período de solicitudes, pide a túa quenda semanal desde o teu espazo.
Horarios e uso
O horario inclúe a montaxe e a desmontaxe dos instrumentos. Rogamos puntualidade ao deixar a sala.
- Días
- Martes a domingoAtención de 16.30 a 21.30 h
- Quendas
- 17.00–19.00 · 19.15–21.15Dúas horas por quenda
- Uso
- 8 horas ao mesUnha quenda de 2 horas á semana
- Duración
- Un trimestre ou cuatrimestrePor convocatoria
Faltas
As faltas hai que xustificalas por correo, se pode ser con 48 horas de antelación. Tres faltas sen xustificar supoñen a expulsión do grupo durante 1 ano. Se avisas a tempo, o grupo pode cambiar de día ou pedir ensaios puntuais desde o seu espazo.
Acceso ás instalacións
Para entrar no horario establecido, a persoa representante do grupo (ou un dos integrantes) debe dirixirse ao responsable do local para rexistrar a entrada e comprobar o estado da sala e do material antes de comezar.
Normas de uso
Para que todas as bandas poidan ensaiar en boas condicións.
Respecto e acceso
Respectar os horarios, o persoal e as outras bandas, e cubrir o parte de asistencia. Só poden acceder as persoas autorizadas do grupo; non se permite o acceso de persoas alleas.
Coidado da sala
Deixar a sala recollida para o seguinte grupo e comunicar calquera incidencia ao técnico. Non se pode mover material dunha sala a outra nin gardar material sen o permiso do técnico de son.
Seguridade e hixiene
Non se pode fumar, beber alcohol nin comer nas salas, nin asistir baixo os efectos do alcol ou doutras substancias: a expulsión é inmediata. As portas deben estar pechadas durante o uso.
Material e instalacións
Paredes, chans e teitos son elementos acústicos: non se poden cravar, aparafusar nin perforar. O material roto por mal uso reiterado será sancionado coa cantidade necesaria para reporlo.
Preparado para ensaiar?
Vigosónico · Concellería de Xuventude do Concello de Vigo · Parque Tecnolóxico de Valadares, 36315 Vigo · 986616388 · vigosonico@gmail.com · Martes a domingo, de 16.30 a 21.30 h.

