Vigosonico I Distrito Creativo I Concello de Vigo
  • INICIO 2026
  • Laboratorio
  • Espazos
    • Salas Ensaios
    • Sala Polivalente
    • Sala Podcast
  • Programas
    • Academia
    • Campus
    • Demosónico
    • Xoga
Select Page

Política de privacidade

Última actualización · 19 de setembro de 2026

Vigosónico é un servizo público e gratuíto da Concellería de
Xuventude do Concello de Vigo. Para xestionalo precisamos algúns datos teus. Aquí
explicámosche cales, para que os usamos, canto tempo os gardamos e que podes
esixirnos en calquera momento.

1 · Quen trata os teus datos

Responsable do tratamento

Concello de Vigo · CIF P3605700H

Praza do Rei 1, 36202 Vigo (Pontevedra)

Teléfono 010 · 986 810 100

Delegada de protección de datos do Concello

dpd.vigo@vigo.org

Entidade que xestiona o servizo (encargada do tratamento)

La Décima Planta, S.L. · CIF B75928697

Rúa Urzaiz 96, 36204 Vigo (Pontevedra)

O Concello de Vigo é quen decide para que se usan os teus datos. La Décima Planta
trátaos por conta del, como entidade adxudicataria da xestión de Vigosónico, e só
para o que o contrato lle encarga. Non os usa para ningunha finalidade propia.

2 · Que datos recollemos e para que

Inscricións no Campus (obradoiros e masterclases)

Que pedimosPara que
Nome e apelidos, correo electrónico e teléfonoXestionar a inscrición, mandarche o resgardo e avisarte de cambios ou anulacións.
Tramo de idadeComprobar a prioridade de acceso: Vigosónico é un programa de xuventude e teñen
preferencia as persoas de 10 a 35 anos.
Empadroamento ou matrícula en VigoComprobar o requisito de acceso ao servizo.
Obradoiro e data escollidosAdxudicar a praza e controlar o aforo da sala.
Xénero e como nos coñeciches (opcionais)Estatísticas de participación e de igualdade na memoria do servizo. Podes deixalos
en branco e non pasa nada.

Inscricións na Academia e na Academia Exprés

Que pedimosPara que
Nome e apelidos, NIF, correo electrónico e teléfonoXestionar a inscrición e identificar de forma inequívoca a cada alumno/a, porque
as prazas son limitadas e adxudícanse persoa a persoa.
Rango de idade, e a idade en anos se te apuntas ao intensivo de xuñoFormar grupos afíns e comprobar os límites de idade de cada actividade.
Empadroamento ou matrícula, e o volante ou a matrícula que o acreditaComprobar o requisito de acceso. É a única finalidade do documento.
Instrumento e quenda; se es novo/a ou repitesAdxudicar a praza e ordenar as listas de agarda.
Se queres recibir avisos de próximas actividades (opcional)Mandarche información de Vigosónico. Só se nolo pides.

Área de bandas e locais de ensaio

Para dar de alta unha banda e reservar local pedimos os datos de contacto do grupo e,
de cada persoa integrante, nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo e
empadroamento. Serven para acreditar quen usa as instalacións municipais, comprobar os
requisitos de acceso e organizar o calendario de ensaios.

Gravacións, fotografías e vídeo

Nalgunhas actividades —o Showcase e o Demosónico, e puntualmente noutras— grávase son e
imaxe. Iso explícase sempre nas bases da convocatoria e pídese o teu permiso por
separado. Podes participar na actividade e non consentir a difusión das imaxes.

Cando nos escribes

Se nos mandas un correo ou nos chamas, gardamos o que faga falta para responderte.

3 · Por que podemos tratalos

A base principal é o cumprimento dunha misión realizada en interese público
(artigo 6.1.e do Regulamento Xeral de Protección de Datos). Vigosónico é un servizo
público municipal, e a competencia do Concello en actividades culturais e de ocupación
do tempo libre está na Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local e na Lei 6/2012,
do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

Iso vale tamén para o NIF e o volante de empadroamento: non os pedimos por curiosidade,
senón porque o acceso ao servizo está condicionado a estar empadroado/a ou matriculado/a
en Vigo e hai que poder acreditalo.

Dúas cousas van polo teu consentimento (artigo 6.1.a), e podes retiralo cando
queiras sen que iso afecte á túa praza: recibir avisos de próximas actividades, e a
difusión de fotografías ou gravacións nas que apareces.

4 · Se es menor de idade

A partir dos 14 anos podes inscribirte ti mesmo/a.

Con menos de 14 anos, a inscrición ten que facela a nai, o pai ou a persoa que
te teña ao seu cargo, que é quen facilita os datos e acepta esta política.

Á parte diso, a autorización para participar nas actividades asínase na recepción de
Vigosónico o primeiro día de curso, e o/a menor debe vir acompañado/a da persoa
responsable.

5 · Canto tempo os gardamos

  • Inscricións e listas de agarda: durante o curso e despois o tempo necesario
    para xustificar o servizo ante o Concello de Vigo e mentres poidan derivarse
    responsabilidades da actividade.
  • Volantes de empadroamento e matrículas: mentres dura o proceso de adxudicación
    de prazas e a súa xustificación. Despois destrúense.
  • Lista de avisos de novidades: ata que te deas de baixa, cousa que podes facer
    respondendo a calquera dos correos.
  • Datos das bandas: mentres a banda siga usando os locais, e despois o prazo de
    xustificación do servizo.

6 · Quen máis ve os teus datos

Os teus datos non se venden nin se ceden a ninguén con fins comerciais. Acceden a eles
só quen precisa facelo para que o servizo funcione:

  • O Concello de Vigo, como responsable do servizo.
  • O persoal de Vigosónico que xestiona as inscricións e as clases.
  • Google Ireland Limited, porque as follas de inscrición, os documentos
    adxuntos e o correo automático de confirmación funcionan sobre Google Workspace.
  • SuperHosting.BG (Bulxaria), que é onde está aloxada esta web.
  • As administracións públicas ás que haxa que remitir os datos cando unha lei
    o esixa.

Transferencias fóra da Unión Europea

Google pode tratar datos nos Estados Unidos. Está adherida ao Marco de Privacidade de
Datos UE-EEUU, que a Comisión Europea considera un nivel de protección adecuado. O
aloxamento da web está dentro da Unión Europea.

7 · Os teus dereitos

Podes pedirnos en calquera momento acceder aos teus datos, rectificalos se
están mal, suprimilos, limitar o seu uso, opoñerte a que os tratemos
e levalos contigo a outro sitio. Tamén podes retirar os consentimentos que deras.

Como o responsable é o Concello de Vigo, o camiño máis directo é escribir á súa delegada
de protección de datos, dpd.vigo@vigo.org, ou
presentar a solicitude no rexistro do Concello (Praza do Rei 1, 36202 Vigo (Pontevedra)). Se che resulta
máis cómodo, escríbenos a vigosonico@gmail.com
e dámoslle traslado nós.

Se cres que non atendemos ben a túa solicitude, podes reclamar ante a Axencia Española
de Protección de Datos (www.aepd.es),
que é a autoridade de control.

8 · Cambios nesta política

Se cambia algo relevante —un servizo novo, un dato novo que haxa que pedir— actualizamos
esta páxina e cambiamos a data de arriba. Se o cambio te afecta directamente, avisámoste
por correo.

Política de privacidade
Aviso legal
Cookies

Rúa do Portal s/n · Parque Tecnolóxico de Valadares · 36315 Vigo · 986 616 388 · vigosonico@gmail.com

  • Facebook
  • X
  • RSS
Diseñado por La Décima Planta [Usina Creativa]