Cartel da Academia de Vigosónico do curso 26/27
Curso 26/27Martes e mércores · De 17.00 a 21.00

VIGOSÓNICO
ACADEMIA

Clases gratuítas de iniciación ao canto, á guitarra, ao baixo e á batería. Dous trimestres ao longo do curso, en grupos por idade, no Parque Tecnolóxico de Valadares.

4Instrumentos
0 €Matrícula
50Minutos por clase
Dende 10Anos, sen tope
Alumnado da Academia de Vigosónico nunha clase

Que é e para quen

Un programa de clases gratuítas de iniciación para empezar cun instrumento dende cero, ou para retomalo despois de anos.

Dende cero

Non fai falta experiencia previa nin ter instrumento propio para vir á primeira clase.

Por idades

Catro grupos, de 10 anos en diante e sen tope por arriba: hai grupo de persoas adultas.

Músicos en activo

Imparten profesionais que están tocando e producindo fóra da aula.

De balde

Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo, como todo o que se fai no Distrito.

Os catro instrumentos

Clase de canto na Academia de Vigosónico
Martes Canto 17.00 18.00 19.00 20.00 Toño López
Clase de baixo na Academia de Vigosónico
Martes Baixo 17.00 18.00 19.00 20.00 María Ferreirós
Clase de guitarra na Academia de Vigosónico
Mércores Guitarra 17.00 18.00 19.00 20.00 Martiño Toro
Clase de batería na Academia de Vigosónico
Mércores Batería 17.00 18.00 19.00 20.00 Álex García

Así é unha clase

Grupos pequenos, instrumentos postos e ningunha experiencia previa. Case todo o alumnado chega sen tocar nunca nada.

Dúas alumnas cantando na clase de canto
Unha alumna tocando o baixo eléctrico
Unha alumna tocando a batería

Horario

DíaInstrumentosQuendas
MartesCanto e baixo17.00 · 18.00 · 19.00 · 20.00
MércoresGuitarra e batería17.00 · 18.00 · 19.00 · 20.00

Clases de 50 minutos. Recoméndanse as quendas das 17.00 e as 18.00 para menores de 18 anos, e as das 19.00 e as 20.00 para maiores, para formar grupos afíns.

Grupos de idade

10 – 13anos
14 – 17anos
18 – 25anos
26 +anos

Profesorado

Toño López
Canto Toño López

Vocalista e compositor de The Soul Jacket dende 2004: seis discos e dous EPs percorrendo salas e festivais de todo o país. Voz potente e chea de matices, forxada no blues e no soul. Segue en activo con Los Naipes, Top Secret e Blackstereo.

María Ferreirós
Baixo María Ferreirós

Baixista e profesional da comunicación cultural. Graduada en Publicidade e RRPP pola Universidade de Vigo e mestra en Dirección e Xestión de Industrias Culturais e Creativas, compaxina a creación musical coa xestión cultural e a comunicación de marca para artistas e festivais.

Martiño Toro
Guitarra Martiño Toro

Formouse en guitarra e harmonía moderna no Ateneo Jazz de Madrid. Máis de doce anos compartindo escenario con Iván Ferreiro, e colaboracións con Pablo Novoa, Wöyza, Amaro Ferreiro ou Josete Villanueva. Músico de sesión e docente en Elite, Galicia Música e Tempo Musical.

Álex García
Batería Álex García

Vigués, empezou a tocar en 2009 da man de Hal 9000, batería de Los Piratas. Colaborou con Virandeira Folk, Xhamain, Antifragil e Villanueva, con xiras nacionais como a de 2017. Cursa o Grao Superior de Música Moderna e Jazz.

Calendario do curso

Trimestre 1Setembro – 16 de decembro de 2026

Arranca o curso. Remata o mércores 16 de decembro.

Trimestre 212 de xaneiro – 14 de abril de 2027

Comeza o martes 12 de xaneiro e remata o mércores 14 de abril.

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta. Podes apuntarte a máis dun instrumento na mesma inscrición: marca a quenda que queiras en cada un.

1 · Quen se inscribe


2 · Vínculo con Vigo


3 · Que queres cursar


4 · Permisos

986 616 388 · vigosonico@gmail.com · Rúa do Portal s/n, 36315 Vigo · Parque Tecnolóxico de Valadares

Concello de VigoGobierno de España. Ministerio de Sanidad. Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas