CAMPUS 26/27

17 obradoiros e masterclasses con profesionais en activo da música. Sesións prácticas para aprender dos oficios que hai detrás dunha canción, un disco ou un directo. Outubro 2026 → Maio 2027 · Parque Tecnolóxico de Valadares.

Mapa do curso

Outubro03 obradoiros

Novembro04 obradoiros

Febreiro04 obradoiros

Marzo02 obradoiros

Abril03 obradoiros

Maio01 obradoiros

Campus 26/27 Obradoiro 01 / 17 Outubro 2026 ← Mapa do curso
Alberto Regueira tocando unha guitarra acústica nun escenario
Alberto Regueira

Os riffs máis épicos da historia do rock

Alberto Regueira

Músico · Compositor · Produtor · Docente

O obradoiro

Hai riffs que non precisan presentación: abondan tres ou catro notas para recoñecelos.

Alberto Regueira percorre algúns dos riffs máis poderosos e influentes do rock —de Led Zeppelin, AC/DC e Metallica a Hendrix, Van Halen, Dire Straits, Clapton, Guns N' Roses ou Nirvana— para descubrir por que funcionan: como naceron, que os fai inesquecibles e como cambiaron o son da guitarra eléctrica.

Para quen é. Para calquera persoa que trauteou algunha vez un destes riffs, teña ou non unha guitarra nas mans.

O docente

Alberto Regueira é músico, compositor, produtor e docente, con máis de 25 anos de experiencia entre o ensino, os escenarios e o estudio. Guitarrista versátil —acústica, eléctrica e clásica—, combina o rigor técnico cunha mirada creativa e práctica da música.

Nas súas clases traballa dende a técnica, a harmonía e a improvisación ata a composición, os arranxos e a iniciación á gravación, adaptando cada proceso ao alumnado.

Data
Sábado 17 de outubro2026
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 02 / 17 Outubro 2026 ← Mapa do curso
Oscar Avendaño apoiado nunha porta chea de grafitis
Oscar Avendaño · Vigo, 1973

Lo tengo en vinilo

Oscar Avendaño

Músico · Siniestro Total (2001–2022) · The Bo Derek's

O obradoiro

Unha viaxe pola música a través dos discos que a gardan.

Oscar Avendaño trae vinilos da súa colección, fainos soar e conta o que hai detrás de cada un: a gravación, a portada, a banda e as historias que non saen nas notas do disco.

Para quen é. Para calquera persoa curiosa pola música gravada: quen empeza a coleccionar, quen toca nunha banda e quere entender como se constrúe un disco ou quen simplemente quere escoitar con atención. Non fai falta coñecemento previo.

O docente

Nado e criado entre unha taberna e un cine no barrio do Calvario, Oscar Avendaño (Vigo, 1973) abandonou os estudos de programador de ordenadores a falta de tres materias. Aquilo salvoulle a vida e converteuno en músico por obriga moral.

De 2001 a 2022 formou parte de Siniestro Total. Está á fronte de The Bo Derek's, banda de rock'n'roll de pub con catro álbums, e asina unha carreira en solitario íntima e escura, con seis discos e un sétimo a piques de saír. Impartiu obradoiros e conferencias na Universidade de Vigo e na Universidade do País Vasco.

Data
Venres 23 de outubro2026
Horario
19.00–20.30 h1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 03 / 17 Outubro 2026 ← Mapa do curso
Drew Morgan tocando un violonchelo nun estudio de gravación
Drew Morgan

Arranxos para videoxogos: construíndo o mundo musical de Halo 4

Drew Morgan

Compositor · Arranxista · Instrumentista

O obradoiro

Como se pasa do borrador dunha idea inicial a un arranxo completo e cinematográfico?

Drew Morgan móstranos o que pasa entre bastidores no proceso creativo de compoñer a banda sonora de Halo 4 co compositor Neil Davidge, dende a idea inicial ata a gravación en Abbey Road. Veremos as sesións de Pro Tools nas que os temas evolucionaron, para inspirar o desenvolvemento das túas propias composicións con instrumentos dixitais e reais.

Para quen é. Para persoas interesadas na composición e nos arranxos para videoxogos e audiovisual, teñan ou non experiencia previa.

O docente

Recentemente chegado a Vigo, a carreira de Drew Morgan (EEUU/Reino Unido) destaca pola súa variedade: dende bandas sonoras ata música experimental. Formado na Royal Academy of Music de Londres, leva máis de 16 anos traballando co compositor Neil Davidge (Massive Attack). As súas colaboracións e encargos inclúen producir discos, arranxos e orquestracións (Aardman + Star Wars, Portishead, Adrian Utley, J Hus, Adidas). Tocou violonchelo, sintetizadores, guitarra ou baixo, entre outros instrumentos, en salas grandes como o Concertgebouw de Ámsterdam ata locais experimentais, onde segue a buscar novos sons e ideas.

Data
Venres 30 de outubro2026
Horario
19.00–20.30 h1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 04 / 17 Novembro 2026 ← Mapa do curso
Lucila pinchando cunha controladora de DJ
Lucila / DJ LLNXTO

Son para videoxogos: introdución a FMOD

Lucila / DJ LLNXTO

Babykatze · DJ · Compositora · Produtora

O obradoiro

FMOD é a ferramenta de audio coa que se integran e controlan o son e a música dos xogos feitos con Unity.

En catro sesións verás como crear ambientes sonoros inmersivos, engadir efectos e son espacial e deseñar bandas sonoras dinámicas que se adaptan ao que fai quen xoga, controlando en tempo real o volume, a panoramización e a reverberación.

Para quen é. Para persoas interesadas no deseño de son, na música para videoxogos ou no desenvolvemento con Unity.

O docente

Compositora, produtora, realizadora audiovisual, artista dixital e modelo natural de Buenos Aires. Pasou por multitude de grupos e proxectos en Arxentina, Berlín e Galicia, o que fai dela unha DJ ecléctica e versátil, de esencia latina e guiada pola paixón polos sons electrónicos.

Como Babykatze publicou de forma independente o EP «BLUT» e levou o seu directo visual e performático ao Festival de Cans, ás festas de Vigo, a BIME Pro ou ao Fanzine Fest da Coruña.

Datas
Xoves 5, 12, 19 e 26 nov2026
Horario
19.00–20.30 h4 sesións · 1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 05 / 17 Novembro 2026 ← Mapa do curso
Isabel Balado e Marga Zukova xunto a un piano
Isabel Balado · Marga Zukova

Piano para acompañarte: primeiros acordes para tocar e cantar

Isabel Balado · Marga Zukova

Docentes do obradoiro

O obradoiro

Descubrir o teclado dun xeito práctico, sinxelo e ameno.

Isabel e Marga propóñenche un reto: atopar os teus primeiros acordes, superar distintas probas e conseguir acompañarte mentres cantas. Aprenderás tamén a colocalos correctamente e a usalos para acompañar unha canción.

Para quen é. Para quen nunca tocou o piano e quere empezar a acompañarse cantando. Non fai falta coñecemento previo.

O docente

Isabel Balado é cantautora, dinamizadora cultural e educativa. Crea e facilita obradoiros accesibles, participativos e adaptados a todos os niveis.

Marga Zukova é profesora de instrumento, linguaxe musical e agrupación en EsmuVigo. Estudou no Conservatorio Superior de Música Y. Vītols, con especialidade en Música de Cámara e solista de orquestra.

Data
Sábado 14 de novembro2026
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 06 / 17 Novembro 2026 ← Mapa do curso
Retrato de María Velasco
María Velasco

Saúde auditiva para músic@s

María Velasco

Etnomusicóloga · Audióloga

O obradoiro

O oído é a única ferramenta de traballo que non se pode cambiar cando se estraga.

María Velasco explica como funciona o aparato auditivo, que lle pasa cando se expón a volumes altos de forma repetida e que se pode facer para evitalo: hábitos de escoita, síntomas a curto prazo e consecuencias a longo, as doenzas máis frecuentes entre profesionais da música, e as opcións reais de protección —insonorización dos espazos, tapóns con e sen filtros, in-ear e outras formas de monitorización en directo.

A segunda metade é práctica: un xerador frecuencial, a visualización dunha otoscopia, medicións con sonómetro en distintos espazos do centro e exercicios de cálculo con app e IA.

Para quen é. Para quen ensaia nas salas, toca en directo ou traballa en son. Tamén para quen programa, monta ou está detrás dunha mesa. Non fai falta coñecemento previo.

O docente

Etnomusicóloga graduada no Conservatorio Superior de Música de Vigo, especializada en traballo de campo etnográfico a través do Incipit-CSIC. Interésase polo mundo da acústica e da audición: formouse como audióloga en 2023 e exerce a profesión de forma combinada coa música.

Formou parte do equipo docente do Conservatorio Superior de Galicia e impartiu formacións en música para entidades, academias e asociacións. Nos últimos anos traballa como asesora musical (AGADIC e «Unha señora orquestra», de Ailén Kendelman); como intérprete en «Eu, Fraude» (Paula Pier) e, dende 2021, na banda de post-rock Baleas; e como sesionista na colaboración creativa «Triloxía da graxa», do libro Razóns de peso (2026).

No seu TFM en Profesorado investigou o impacto da improvisación musical como ferramenta de autorregulación emocional na adolescencia, cunha proposta de intervención nas aulas de Música de Secundaria para reducir a ansiedade. Nesa liña desenvolve agora Menura, un proxecto baseado na meditación sonora.

Data
Venres 20 de novembro2026
Horario
19.00–20.30 h1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 07 / 17 Novembro 2026 ← Mapa do curso
Retrato en branco e negro de Xabier Alonso
Xabier Alonso

Antes de asinar: contratos esenciais para artistas do sector musical

Xabier Alonso

Avogado especialista no sector cultural

O obradoiro

Contratos na música: o básico que toda persoa artista debe saber.

Management, axencia, discográfica, editorial e bolos: claves para asinar con criterio e protexer o teu proxecto.

Para quen é. Para músicos, bandas e solistas que empezan a recibir propostas e queren entender o que asinan antes de facelo.

O docente

Licenciado en Dereito e avogado colexiado en Vigo, desenvolve a súa actividade profesional nos ámbitos xurídico, cultural e da xestión de proxectos. Especializado en propiedade intelectual e no asesoramento a empresas da industria cultural, exerceu como consultor e produtor de eventos. Foi director da Fundación Illa de San Simón, impulsor do proxecto Illa do Pensamento e director de Nordesía Produccións, S.L. Actualmente, é profesor do Máster en Propiedade Intelectual da Universidade Autónoma de Madrid.

Data
Venres 27 de novembro2026
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 08 / 17 Febreiro 2027 ← Mapa do curso
Lucila pinchando cunha controladora de DJ
Lucila / DJ LLNXTO

Primeiros pasos como DJ

Lucila / DJ LLNXTO

Babykatze · DJ · Compositora · Produtora

O obradoiro

Un curso para quen queira iniciarse no mundo do DJing.

Ao longo de catro sesións irás da historia e os fundamentos ata as técnicas de mestura e performance: o equipo básico e a súa configuración, o beatmatching, os efectos e os loops e, para rematar, a preparación e presentación dun set completo, con feedback e consellos para seguir mellorando.

Para quen é. Para quen queira empezar a pinchar nun contorno práctico e interactivo, sen experiencia previa.

O docente

Compositora, produtora, realizadora audiovisual, artista dixital e modelo natural de Buenos Aires. Pasou por multitude de grupos e proxectos en Arxentina, Berlín e Galicia, o que fai dela unha DJ ecléctica e versátil, de esencia latina e guiada pola paixón polos sons electrónicos.

Como Babykatze publicou de forma independente o EP «BLUT» e levou o seu directo visual e performático ao Festival de Cans, ás festas de Vigo, a BIME Pro ou ao Fanzine Fest da Coruña.

Datas
Xoves 4, 11, 18 e 25 feb2027
Horario
19.00–20.30 h4 sesións · 1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 09 / 17 Febreiro 2027 ← Mapa do curso
Retrato de Mary Rada na súa mesa de traballo, cun ordenador ao fondo
Mary Rada

Identidade visual con IA para bandas e artistas

Mary Rada

Deseñadora

O obradoiro

Portadas de single ou álbum, logotipos e estética de banda con axuda da IA xerativa, sen grandes orzamentos.

A IA non substitúe o deseño: axuda con efectos, retoques e fondos. Traballarás con Midjourney, Adobe Firefly ou Neural Frames, coidarás a coherencia entre portada, redes e merchandising e rematarás en Canva ou Photoshop.

Para quen é. Para bandas, artistas e persoas creadoras que queren coidar a súa imaxe. Non fai falta saber deseño.

O docente

Mary Rada é deseñadora gráfica con formación en Deseño Gráfico e Multimedia, especializada en identidade visual, deseño editorial e comunicación dixital. Ao longo da súa carreira desenvolveu proxectos de branding para marcas e eventos, así como o deseño e maquetación de libros, revistas e catálogos.

Tamén conta con certificacións en docencia e en IA. Actualmente combina o deseño coa docencia, facilitando o uso de tecnoloxía e ferramentas dixitais a persoas con parálise cerebral, e está incorporando a intelixencia artificial como parte do seu proceso creativo.

Data
Venres 12 de febreiro2027
Horario
19.00–20.30 h1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 10 / 17 Febreiro 2027 ← Mapa do curso
Mingos Lorenzo cunha guitarra acústica sentado nun sofá amarelo
Mingos Lorenzo

Escribe a túa canción: taller de letras

Mingos Lorenzo

Músico · Compositor · Produtor

O obradoiro

Descubre a túa voz creativa e aprende a transformar ideas, emocións e historias en letras propias.

Un obradoiro práctico para pasar da idea á letra: atopar de que queres falar, construír imaxes, dar forma a versos e estribillos e comprobar que o texto funciona cando se canta.

Para quen é. Para persoas que escriben ou queren empezar a escribir cancións, toquen ou non un instrumento.

O docente

Formación superior en Saxofón Jazz e Son para Audiovisuais na EISV de Vigo. Varios Discos de Ouro como compositor e intérprete.

Músico de sesión para Warner Music e Sony Music. Participou en sesións de composición con Lola Índigo, Ana Mena, Omar Montes, Beret, Vicco ou Pol Granch, entre moitos outros. Fundador e director da escola de música Aforart.

Data
Venres 26 de febreiro2027
Horario
19.00–20.30 h1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 11 / 17 Febreiro 2027 ← Mapa do curso
Retrato de Carlos A. Veloso
Carlos A. Veloso

Autoproduce o teu videoclip: claves básicas para artistas e bandas

Carlos A. Veloso

Realizador · Montador · Mátame Camión Produccións

O obradoiro

Claves básicas para que artistas e bandas poidan facer o seu propio videoclip con poucos medios.

Da idea e o guión á gravación e a montaxe: planificación, encadres e luz, e un fluxo de edición sinxelo para sacar o máximo partido ao que xa tes.

Para quen é. Para artistas e bandas que queren dar imaxe ás súas cancións sen depender dunha produtora.

O docente

Editor, operador de cámara e realizador, con máis de vinte anos de experiencia ininterrumpida no sector audiovisual. De formación heterodoxa e fervente defensor da autoformación.

Realizador de videoclips, documentais e spots para distintas produtoras e televisións como a TVG. Fundador de Mátame Camión Produccións.

Data
Sábado 27 de febreiro2027
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 12 / 17 Marzo 2027 ← Mapa do curso
Rafa Solemne traballando nunha mesa de mesturas no estudio
Rafa Solemne

Produción urbana en home studio

Rafa Solemne

Técnico de son · Produtor · Docente

O obradoiro

Unha inmersión práctica no proceso creativo da música urbana actual.

Ao longo de catro sesións aprenderás a producir, gravar e mesturar temas de trap, rap, R&B ou reggaeton dende cero, coas ferramentas axeitadas para traballar nun home studio. E coñecerás outras persoas que comparten a mesma paixón pola música.

Para quen é. Para quen quere empezar a producir os seus propios temas, aínda que parta de cero.

O docente

Técnico de son con máis de 20 anos de experiencia en produción, gravación, mestura e mastering. Dende o seu estudio traballou para artistas independentes e selos como Universal Music Spain, BOA Música ou Wötown; o EP «Tábula Rasa», de Wöyza, foi nomeado a mellor gravación nos Premios MIN 2020.

Produtor de música electrónica, suma traballos en televisión, dobraxe e Radio Galega, e coordina un taller de radio para persoas con diversidade funcional. Dende 2025 é técnico de son de Vigosónico.

Datas
Xoves 4, 11 e 18 mar + 1 abr2027
Horario
17.00–19.00 h4 sesións · 2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 13 / 17 Marzo 2027 ← Mapa do curso
Retrato de Miguel Areán
Miguel Areán

IA aplicada á composición e á produción musical

Miguel Areán

Fundador de Polygon-e · Formador TIC

O obradoiro

Unha introdución ás tecnoloxías e ferramentas de intelixencia artificial que xa se usan para compoñer e producir música.

Xeración automática de melodías, produción de ritmos e harmonías e asistentes de IA para mellorar a calidade do son: técnicas para crear música nova e optimizar o proceso de produción.

Para quen é. Para quen empeza na música e na produción e para profesionais que queiran explorar novas formas de creatividade asistida por IA.

O docente

Fundador de Polygon-e e PolygoneStudios, leva máis de 15 anos dando forma á creatividade por todo o mundo. Químico de formación, dedica máis de 20 anos á tecnoloxía e a transformar a creatividade en proxectos propios e para terceiros, como Faneka Gaming, CricktoGame ou ActivationCode.

Formador en informática para institucións, centros e empresas e divulgador TIC, hoxe aplica a intelixencia artificial á composición e á produción musical e ao desenvolvemento de videoxogos.

Data
Sábado 6 de marzo2027
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 14 / 17 Abril 2027 ← Mapa do curso
Álex García á batería
Álex García

Batería a punto: axustes, son e técnica

Álex García

Profesor de batería da Academia Vigosónico

O obradoiro

Como poñer a punto a batería para que soe mellor e tocala con máis control.

Afinación e axustes, mantemento e materiais, tipos de baquetas e accesorios, e técnica aplicada a distintos estilos.

Para quen é. Para bateristas de calquera nivel que queren sacar mellor son do seu instrumento.

O docente

Profesor de batería en Vigosónico. Nado en Vigo, comezou a tocar a batería en 2009 da man de Hal 9000, batería de Los Piratas.

Colaborou con bandas como Virandeira Folk, Xhamain, Antifragil ou Villanueva e fixo xiras nacionais, entre elas a de 2017 patrocinada por Ron Brugal. Actualmente cursa o Grao Superior de Música Moderna e Jazz.

Data
Sábado 3 de abril2027
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 15 / 17 Abril 2027 ← Mapa do curso
Martiño Martínez nun obradoiro cunha guitarra eléctrica
Martiño Martínez

Sons míticos de guitarra: pedais, amplis e efectos

Martiño Martínez

Guitarrista · Músico de sesión · Docente

O obradoiro

Como se consegue ese son?

Un obradoiro práctico sobre o equipo que define o carácter dunha guitarra: tipos de amplificadores, pedais e cadeas de efectos, e as claves básicas de mantemento do instrumento.

Para quen é. Para guitarristas que queren entender e mellorar o seu son, sexa cal sexa o seu nivel.

O docente

Formado en guitarra e harmonía moderna na academia Ateneo Jazz de Madrid. Colaborou con Juan Rivas, Wöyza, Josete Villanueva, Amaro Ferreiro e Iván Ferreiro, con quen compartiu escenario durante máis de doce anos.

Músico de sesión en numerosas gravacións. Docente nas academias Elite, Galicia Música e Tempo Musical.

Data
Domingo 11 de abril2027
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 16 / 17 Abril 2027 ← Mapa do curso
Martiño Martínez tocando unha guitarra eléctrica
Martiño Martínez

Harmonía sen medo

Martiño Martínez

Guitarrista · Músico de sesión · Docente

O obradoiro

Aprende como soan as notas, as súas combinacións e os movementos que crean sensacións e emocións.

Recoñeceremos as combinacións de acordes e as escalas máis usadas en cada estilo, para entender por que funciona unha canción e levalo ao que tocas ou compós.

Para quen é. Para quen toca un instrumento ou compón e quere entender a harmonía sen medo á teoría.

O docente

Formado en guitarra e harmonía moderna na academia Ateneo Jazz de Madrid. Colaborou con Juan Rivas, Wöyza, Josete Villanueva, Amaro Ferreiro e Iván Ferreiro, con quen compartiu escenario durante máis de doce anos.

Músico de sesión en numerosas gravacións. Docente nas academias Elite, Galicia Música e Tempo Musical.

Data
Domingo 18 de abril2027
Horario
17.00–19.00 h2 h
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Campus 26/27 Obradoiro 17 / 17 Maio 2027 ← Mapa do curso
Yolanda Rodríguez Anievas nun estudio de gravación
Yolanda Rodríguez Anievas

Iniciación a Pro Tools Intro, a versión gratuíta

Yolanda Rodríguez Anievas

Técnica de son · Docente · Subdirectora da EISV

O obradoiro

Aprende a instalar e configurar Pro Tools Intro, a versión gratuíta, para comezar a gravar na casa dun xeito sinxelo.

Crearás a túa primeira sesión, axustarás a interface de audio, gravarás voz e instrumentos e aplicarás unha mestura básica. E repasaremos que necesitas para un home studio funcional: o esencial e o opcional.

Para quen é. Para quen quere empezar a gravar os seus temas na casa sen investir en software.

O docente

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Salamanca e técnica de son. Traballa como técnica de son en estudio e en directo, deseñadora de son e editora de podcast.

A súa actividade principal é a docencia: é profesora dos módulos de Son para Audiovisuais, Postprodución e Control de Son en Directo no Ciclo Superior de Son da Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV Marcote), da que é subdirectora.

Data
Venres 14 de maio2027
Horario
19.00–20.30 h1 h 30 min
Lugar
VigosónicoParque Tecnolóxico de Valadares
Acceso
GratuítoPersoas empadroadas en Vigo

Inscrición

Prazas limitadas. Actividade gratuíta para persoas empadroadas en Vigo. Ao inscribirte recibirás un correo de confirmación e lembraránche por correo a semana antes e a véspera.

Prazas limitadas · confirmación por correo
Concello de VigoGobierno de España. Ministerio de Sanidad. Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas