Taller Incubación Vigosónico: Imaxe, Comunicación e Marketing en Redes
Por Arancha Vilas
Nesta sesión, exploraremos a importancia da comunicación e a estratexia no mundo musical. Traballaremos nunha toma de contacto personalizada coa situación actual de cada banda ou artista asistente, ofrecendo asesoramento individualizado. Analizaremos o poder das redes sociais como escaparate e medio de difusión, incluíndo consellos sobre cales usar e como aproveitar as publicacións de pago. Ademais, aprenderás a publicar a túa música en plataformas populares como Spotify, Apple Music, Amazon Play e Deezer. Tamén abordaremos a relación cos medios de comunicación tradicionais e como chegar a eles de maneira efectiva
Venres, outubro 25, 2024
19.00 ata as 21:00
Arancha Vilas
Experta en marketing en redes sociales
- 25.10.2024
- VIGOSÓNICO I CONCELLO DE VIGO
- Rúa do Portal S/N (Parque Tecnolóxico de Valadares)
Arancha Vilas é Licenciada en Publicidade e RR.PP. Dos 25 anos adicada á comunicación publicitaria, máis da metade desenvólvese nas redes sociais de institucións culturais e tecnolóxicas (Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia), festivais e tamén formando a profesionais do gremio e artistas, para que sexan quen de levar as súas marcas ao máis alto. No 2013 asume o reto de crear e poñer en práctica a estratexia de comunicación dixital para a Deputación de Pontevedra, que incluía ao Museo de Pontevedra e ao Turismo Rías Baixas. Toma contacto directo coa cobertura de festivais e eventos en directo desde redes sociais (co Rías Baixas Fests: SinSal, PortAmérica, Atlantic Fest… desde as contas da institución) Tamén leva as contas de citas culturais coma: Vive Nigrán, Festival Kerouac de Poesía, Market La Fundición, Silfest Valdeorras, Camiños Sonoros (Xunta de Galicia), ICC Week (Deputación de Ourense), Utopía Noroeste. Actualmente, forma parte do equipo de comunicación dixital da Amtega, onde acaba de alcanzar o obxectivo final da campaña para traer a Galicia a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia). Tamén formou parte do equipo que levou a cabo a maior ronda de ‘equity crowdfunding’ de España, coa cervexería artesanal Dougall’s.
Obxectivos do Obradoiro: